ccvv

O CCVV prorroga a súa actividade ata decembro de 2025

Vigo, 28 de decembro do 2021.- O Consorcio Casco Vello de Vigo ( CCVV) acaba de recibir a documentación que acredita a prórroga da súa activade ata decembro do ano 2025, de acordo coa solicitude presentada polos seus socios integrantes, Xunta de Galicia e Concello de Vigo, o pasado mes de xuño. Desde esa data os […]

O CCVV solicita a prórroga da sua actividade hasta 2025

Creado en 2005 na actualidade está participado pola Xunta de Galicia (90%) e o Concello de Vigo (10%) Nos seus 16 anos de existencia adquiriu 82 edificios para a súa rehabilitación ou recuperación urbanística   Vigo, 24 de xuño do 2021.-  O Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo acordou hoxe a presentación […]

O CCVV licita dous proxectos de rehabilitación por importe de 1.500.000 euros

O Consorcio Casco Vello de Vigo, organismo integrado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo Concello de Vigo, investirá un millón e medio de euros para a recuperación dos edificios situados na praza do Berbés e San Francisco 15, na fachada marítima da cidade vella. O Comité Executivo deste organismo aprobou hoxe a posta en marcha da licitación destas dúas promocións que permitirán sumar seis novas vivendas e un local comercial á oferta residencial desta zona da cidade de Vigo. A mesma concentra na actualidade boa parte das intervencións do CCVV, xa que ás dúas actuacións anunciadas hoxe hai que sumar a rehabilitación en marcha de Berbés 41 e a creación na mesma praza da nova sede representativa da Universidade de Vigo e dun albergue de Peregrinos en locais cedidos polo CCVV ao organismo educativo e á Consellería de Turismo da Xunta de Galicia respectivamente.

O CCVV inicia un novo proceso de venda de 24 novas vivendas na parte alta do barrio histórico

A presidenta do Consorcio Casco Vello, María José Bravo Bosch, presidiu hoxe un Consello de Administración que serviu para aprobar o comezo das actuacións correspondentes para a selección dos beneficiarios de novas vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo e que adxudicará o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) nos vindeiros meses.  Trátase […]

Lucía Molares entrega as chaves aos primeiros adxudicatarios das 12 vivendas de aluguer do barrio histórico

  Tras a formalización correspondente dos contratos, hoxe celebrouse na Delegación Territorial da Xunta un encontro que serviu para que os  novos inquilinos podan instalarse xa nos seus pisos sitos nas rúas Ferraría-Subida ao Castelo   Tratase das 12 Vivendas de Promoción Pública (VPP) sorteadas polo IGVS o pasado mes de xuño e destinadas a mozos […]

O CCVV prorroga 6 meses máis a súa vixencia mentres se negocia unha proposta de consenso para os novos Estatutos

A delegada da Xunta e presidenta do CCVV, Lucía Molares, considerou prioritario conseguir o consenso entre as administracións consorciadas para poder renovar a vida do organismo durante 6 anos máis coma establece a proposta presentada polo Goberno galego e continuar así coa labor de recuperación xa iniciada  O Comité Executivo do organismo deu o visto […]

O CCVV xa está a recuperar 20 inmobles en ruínas do entorno do Castelo de San Sebastián para contar con 34 novas vivendas completamente rehabilitadas ao longo do vindeiro ano

  O investimento supera os 3 millóns de euros e a estas actuacións se sumarán outros novos proxectos nos vindeiros meses.  A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, visitou esta mañá as obras iniciadas hai tan so uns días en Ferraría 25-27-29-31, así como as do segundo cuarteirón Castelo-San Sebastián, cuxa […]

O CCVV aproba o proxecto para a contratación das obras de rehabilitación doutras dúas vivendas no Canellón do Estreito

O último Comité Executivo celebrado polo organismo deu luz verde á contratación da intervención rehabilitadora no Canellón do Estreito, número 12, por valor de máis de 200.000 euros, logo do baleirado do inmoble que se atopaba nun estado total de ruína e abandono.  A previsión do Consorcio é poder adxudicar as obras antes de que […]

Os adxudicatarios das 12VPP en aluguer do Casco Vello coñeceron esta mañá a vivenda que lles corresponde

A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, presidiu esta mañá o sorteo de asignación que se celebrou no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo. Tras a aprobación do listado definitivo de adxudicatarios por parte da Comisión Provincial de Vivenda, hoxe os 12 […]

O CCVV aproba por unanimidade a construción do Rexistro Civil no barrio antigo

Lucía Molares informou do visto bo dado polos membros do Consello de Administración para trasladar o Rexistro Civil ao Casco Vello, que será unha realidade a finais de 2013 A modificación do artigo 4.3  dos Estatutos do CCVV permitirá que a Xunta adquira de maneira directa dunha parcela dotacional na rúa San Sebastián, 13, e […]

O CCVV convoca un Consello de Administración para avanzar no proxecto do Rexistro Civil

A reunión ten coma obxectivo dar o visto bo a unha modificación dos Estatutos necesaria para poder construír o Rexistro Civil  O órgano de goberno do Consorcio –do que forman parte representantes do IGVS e dos tres grupos municipais do Concello de Vigo- celebrarase este xoves día 13 de outubro Vigo, 12 de outubro de […]

O CCVV adxudica a rehabilitación de catro edificios na rúa Ferraría por un valor superior aos 620.000€

O Consello de Administración do organismo celebrado hoxe deu o visto bo a oferta presentada por Dicsa, que ten agora un prazo de execución das obras de 11 meses A actuación nesta rúa tan emblemática da parte alta do Casco Vello porá no mercado outras 6 novas Vivendas de Protección Autonómica (VPA) e 4 locais […]

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter