San Francisco

El CCVV aproba os proxectos para a rehabilitación de 4 novas vivendas

Vigo, 27 de xullo do 2023.- O  Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo aprobou esta mañá os proxectos para a rehabilitación de varios edificios na zona histórica da cidade. Trátanse en concreto da recuperación dos situados en Ribeira do Berbés 39-San Francisco 2, e en San Sebastián 20-Horta 2-4, adquiridos no seu día polo CCVV […]

O sorteo ante notario pon fin ao proceso de adxudicación das dúas vivendas de San Francisco, 15

Vigo, 26 de septembro do 2021.- A orde de adxudicación das dúas vivendas promovidas polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) na rúa San Francisco, 15 quedou establecido nun sorteo público realizado ante notario esta mañá na sede do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Vigo, e que puido ser seguido en directo en […]

O sorteo de San Francisco, 15 terá lugar o 16 de setembro

Vigo, 8 de setembro de 2021.- O sorteo para establecer a orde de adxudicación dos candidatos que optan ás dúas vivendas incluídas na promoción San Francisco, 15 realizarase o próximo día 16 de setembro, a partir das 10,00 horas, segundo a resolución que hoxe publica o Instituto Galego de Vivenda e Solo, responsable deste proceso, na […]

Nove empresas optan ás rehabilitacións de San Francisco 15 e Berbés 29

  O inicio efectivo da posta en marcha das promocións San Francisco 15 e Berbés 29 deu un novo paso coa apertura das ofertas presentadas polas empresas construtoras interesadas nestes proxectos. A partir deste intre iníciase a fase de estudo da documentación achegada e de valoración das ofertas económicas para, nun breve prazo, seleccionar das […]

O CCVV licita dous proxectos de rehabilitación por importe de 1.500.000 euros

O Consorcio Casco Vello de Vigo, organismo integrado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo Concello de Vigo, investirá un millón e medio de euros para a recuperación dos edificios situados na praza do Berbés e San Francisco 15, na fachada marítima da cidade vella. O Comité Executivo deste organismo aprobou hoxe a posta en marcha da licitación destas dúas promocións que permitirán sumar seis novas vivendas e un local comercial á oferta residencial desta zona da cidade de Vigo. A mesma concentra na actualidade boa parte das intervencións do CCVV, xa que ás dúas actuacións anunciadas hoxe hai que sumar a rehabilitación en marcha de Berbés 41 e a creación na mesma praza da nova sede representativa da Universidade de Vigo e dun albergue de Peregrinos en locais cedidos polo CCVV ao organismo educativo e á Consellería de Turismo da Xunta de Galicia respectivamente.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter