CONSORCIO CASCOVELLO DE VIGO
MOTOR NO PROCESO
DE REHABILITACIÓN INTEGRAL
do centro histórico de Vigo
Vivendas
O obxectivo principal do CCVV é a recuperación desta zona emblemática da cidade mediante a rehabilitación ou construción de vivendas de protección oficial que permitan o asentamento de novos residentes. Desde a súa creación en 2005 xa foron máis de cen as vivendas postas ao dispor da cidadanía viguesa.
Locais
O programa de recuperación do Casco Vello inclúe a creación de locais comerciais que dinamicen coa súa actividade a vida social do barrio. Respectando sempre os usos establecidos para estes establecementos no PEPRI Casco Vello de Vigo -que prioriza a calidade de vida dos residentes- conseguiuse a implantación na zona dunha trintena de iniciativas empresariais.
Actualidade
Mapa de promocións
PROMOCIÓNS