alfonso ramos

O CCVV xa está a recuperar 20 inmobles en ruínas do entorno do Castelo de San Sebastián para contar con 34 novas vivendas completamente rehabilitadas ao longo do vindeiro ano

  O investimento supera os 3 millóns de euros e a estas actuacións se sumarán outros novos proxectos nos vindeiros meses.  A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, visitou esta mañá as obras iniciadas hai tan so uns días en Ferraría 25-27-29-31, así como as do segundo cuarteirón Castelo-San Sebastián, cuxa […]

O CCVV adxudica os primeiros locais comerciais rehabilitados a mozos emprendedores para dinamizar o barrio

Tras o concurso público ao que se presentaron 43 ofertas, o Consello de Administración celebrado hoxe aprobou sete proxectos empresariais cos que se dará un importante pulo á actividade comercial no barrio antigo.  Estudos de arquitectos, galerías de fotografía, tendas de produtos frescos e exóticos ou unha consultoría medioambiental son algúns dos novos emprendedores que […]

O CCVV aproba por unanimidade a construción do Rexistro Civil no barrio antigo

Lucía Molares informou do visto bo dado polos membros do Consello de Administración para trasladar o Rexistro Civil ao Casco Vello, que será unha realidade a finais de 2013 A modificación do artigo 4.3  dos Estatutos do CCVV permitirá que a Xunta adquira de maneira directa dunha parcela dotacional na rúa San Sebastián, 13, e […]

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter