Lucía Molares entrega as chaves aos primeiros adxudicatarios das 12 vivendas de aluguer do barrio histórico

 

  • Tras a formalización correspondente dos contratos, hoxe celebrouse na Delegación Territorial da Xunta un encontro que serviu para que os  novos inquilinos podan instalarse xa nos seus pisos sitos nas rúas Ferraría-Subida ao Castelo  
  • Tratase das 12 Vivendas de Promoción Pública (VPP) sorteadas polo IGVS o pasado mes de xuño e destinadas a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos 
  • Os pisos contan con rochos e teñen unhas  superficies que van dende  os 30 ata os  71 m2. Os prezos de aluguer oscilan entre os 71 e os 216 mensuais

Vigo, 30 de decembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), entregou hoxe as chaves aos 8 primeiros adxudicatarios das 12 Vivendas de Promoción Pública (VPP) en réxime de aluguer sitas nas rúas Ferraría-Subida ao Castelo, co que as familias beneficiarias xa poden instalarse nas súas novas casas, logo de formalizar os correspondente contratos.

Molares, que presidiu o acto de entrega cos beneficiarios de ditas VPP, agradeceu a todas e cada unha das familias a súa aposta por instalar a súa residencia no Casco Vello sumándose así ao proceso de dinamización do barrio histórico no que está inmerso e que lidera dende hai xa máis de cinco anos o CCVV -participado nun 90% pola Xunta de Galicia e no 10% restante polo Concello de Vigo-.

Os adxudicatarios dos 12 pisos da Ferraría-Subida ao Castelo, sorteadas polo IGVS o pasado mes de xuño, optaron a estas vivendas tras estar inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia, na opción de aluguer da modalidade de VPP en núcleos rurais ou cascos históricos para a cidade de Vigo. 

As vivendas en réxime de aluguer entregadas hoxe son para mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, cuns ingresos entre 1 e 5,5 veces o Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM). En función da superficie das vivendas e dos ingresos dos inquilinos, os prezos oscilan entre os 71 e os 216 euros. 

As 12 vivendas contan con rochos e teñen unhas superficies que van dende os 30 ata os 71 metros cadrados para familias de un ou dous membros: 7 das vivendas se destinaron a unidades familiares de un so membro mentres que as 5 restantes foron para unidades familiares de dous membros. 

25 VPA xa entregadas Por outra parte, esta mesma semana a presidenta do CCVV tamén entregou outras dúas Vivendas de Protección Autonómica (VPA) co que xa son 25 as familias recentemente chegadas ao barrio antigo, despois que o IGVS sorteara en dúas fases distintas un total de 34 pisos en compravenda a réxime de prezo concertado. Os novos propietarios formalizaron en presenza dun notario as súas correspondentes escrituras e hipotecas. 

Os dous pisos entregados esta semana polo CCVV corresponderon ao 1ºA e ao 2ºB da promoción sita na rúa Cruz Verde, 5. Tratase de dúas VPA de 54,78 (un dormitorio) e de 64,60 metros cadrados (dous dormitorios) con prezos arredor aos  98.000 euros e 115.000 euros, respectivamente. 

Para cando  remate o proceso de compravenda, o CCVV porá no mercado 34 VPA. Unha  primeira fase con 19 VPA ubicadas nas rúas Real, 16 (tres pisos), Santiago, 19 (un piso), Santiago 11-13-15-17 (oito pisos), Abeleira Menéndez, 11 (un piso) e Abeleira Menéndez 13-15 (seis pisos) e unha segunda fase con 15 VPA emprazadas nas rúas Abeleira Menéndez 18-20 (catro pisos), Abeleira Menéndez 24-26 (cinco pisos) e Cruz Verde, 5 (seis pisos). 

En total, e coma destacou a delegada territorial, neste ano 2011 xa se formalizaron os trámites para que 33 novas familias xa residan no barrio histórico tendo en conta as 25 vivendas de compravenda xa entregadas nestes últimos meses e as 8 de aluguer entregadas hoxe mesmo.

Facebook