Historia

O Consorcio Casco Vello de Vigo foi creado no ano 2005 do compromiso das administracións local e autonómica coa colaboración do Consorcio da Zona Franca. O principal obxectivo: atender as demandas dos veciños da cidade e máis concretamente dos do centro histórico, que viñan reclamando un ambicioso programa de rehabilitación e recuperación urbana na área. O investimento previsto para os cinco anos que se prevéan de vida do novo organismo era de 30 millóns de euros.

Esquma Inversion

No 2007, a Consellaría de Vivenda e Solo adquiriu a participación da Zona Franca e o equilibrio entre as administracións quedou en que o 90% estaba participado pola Consellería da Vivenda e Solo e o 10% polo Concello de Vigo.

Na actualidade, Instituto Galego da Vivenda e Solo (90%) e Concello de Vigo (10%).