Vigo

Literatura, arquitectura e fotografía na mesma rúa

Tras falarvos de Abeleira Menéndez, rúa que abriu esta sección, agora tócalle o turno a Santiago, na que tamén se acometeron diversos traballos de rehabilitación, concretamente nos números 19 e 11-13-15-17. Empezaremos polo 19. Unha vivenda e un local comercial foron o resultado dos traballos realizados nel.

Oruga Express, fotografías en continua aprendizaxe desde o Casco Vello

“A oruga é o paso previo á crisálide e logo ven a bolboreta”. Baseado nesta frase, Perfecto Rueda elixiu nomear o seu establecemento de fotografía, sito no número 19 da rúa Santiago, Oruga Express. Segundo sinala, é, precisamente, o que lle permite estar “en continua aprendizaxe”.

Abeleira Menéndez, o esplendor feito rúa no Casco Vello Alto

Uns dos primeiros inmobles rehabilitados en Abeleira Menéndez, e prácticamente en todo o Casco Vello Alto, corresponde ao número 11, onde se traballou nunha vivenda que quedou rematada no ano 2009 e que formou parte do primeiro sorteo do IGVS.

Torrado&Fernández Arquitecto, no Casco Vello dende hai 13 anos

Juan Carlos Torrado (arquitecto) e Ricardo Méndez (delineante), ou o que é o mesmo, Torrado&Fernández Arquitecto, son vellos coñecidos no barrio histórico onde levan asentados dende 2002, primeiro na rúa Abeleira Menéndez e, agora, nun dos locais rehabilitados polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) na rúa Santiago, concretamente, no número 15.

¡Mira, A Tenda do Avó y A Horta de Abeleira!

Y si Montse Freire, que es redondelana de Ventosela, apostó por este barrio hace unos años y abrió A tenda do Avó con productos gallegos como los de antes en Abeleira Menéndez, 11, Yolanda abrió justo al lado A horta de Abeleira con frutas y hortalizas frescas, productos ecológicos, biológicos…

Consorcio Casco Vello de Vigo: nove anos cun único fin (parte II de II)

Unha vez se terminen os traballos de rehabilitación das edificacións, as vivendas resultantes, ao estar calificadas como Vivendas de Protección Autonómica (VPA), outórganse a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda. O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) puxo en marcha catro sorteos para outorgar as 64 vivendas rehabilitadas ata o momento.

Consorcio Casco Vello de Vigo: nove anos cun único fin (parte I de II)

Corría o ano 2005 cando co compromiso das administracións local e autonómica, e coa colaboración do Consorcio da Zona Franca, nacía o Consorcio Casco Vello de Vigo. E nacía co principal fin de atender as demandas dos veciños dun barrio histórico que clamaba por un programa de recuperación.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter