Editorial Elvira: “O Casco Vello préstase para converterse nun punto de reunión cultural da cidade”

Casco Vello VigoA Editorial Elvira só podía emprazarse na rúa Santiago da nosa cidade. E é que o seu dono, Javier Romero González, naceu e creceu neste emblemático recuncho da parte alta do barrio histórico e, cando se materializou o proxecto cultural, o local rehabilitado polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), no número 11, encaixaba á perfección.

Sen dúbida, a Javier córrelle Casco Vello polas veas e aínda lembra cando con outros cativos, tamén veciños do barrio, xogaba pola rúa onde, desde hai agora máis dun ano aséntase esta editorial independente dedicada á poesía, ao libro de artista e á literatura, en xeral.

“O Casco Vello préstase para converterse nun punto de reunión cultural da cidade”, sinala este vigués, quen considera “máis que positivo” a chegada ao Casco Vello Alto doutros emprendedores ligados ao mundo artístico coma os servizos de coworking de Espacio Nido, a galería de Javier Teniente, Vigo Remember da man de Juan Teixeira ou, os últimos en chegar, Ideas de Percebe.Casco Vello Vigo

Falar da Editorial Elvira sen nomear ao espazo Detrás do Marco non é posible, sobre todo, tendo en conta que naceu alí e cunha figura clave: o poeta Carlos Oroza. Precisamente, o proxecto da editorial xurdiu para sacar á luz un bo número de obras inéditas deste artista. O primeiro libro publicado foi Évame, ou o que é o mesmo, “seu verbo inventado”.

Casco Vello Vigo

En canto ao estado actual do Casco Vello, Javier asegura que, tras velo no seu momento de maior esplendor cando era mozo, pero tamén da degradación durante décadas, agora é un barrio onde novas familias veñen a vivir e novos negocios están abrindo.

“A zona é xa moi atractiva e as cousas están a facerse cunha visión clara”, comenta o dono da Editorial Elvira, mentres que se congratula de que o Casco Vello xa non se asocie coa prostitución e cun lugar intransitable.

Animádevos a percorrer o barrio histórico da parte alta e, xa de paso, a descubrir a Editorial Elvira.Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter