Cruz Verde, gran dinamizadora do novo barrio histórico

Cruz Verde foi outra das rúas cuxos edificios o Consorcio Casco Vello de Vigo rematou de rehabilitar no ano 2010. Xunto cos números 18-20 e 24-26 de Abeleira Menéndez, o 5 de Cruz Verde formou parte tamén do segundo sorteo realizado polo IGVS.

Nesta rúa traballouse unicamente no número 5, se ben del saíron 6 vivendas e dous locais comerciais. En total, unha superficie de 689,98 m2 construídos, dos cales 91,6 m2 pertencen a eses dous locais, que xa están ocupados e dos que vos falaremos tamén neste post.

Pero primeiro, queremos mostrarvos o cambio dos inmobles rehabilitados a través das seguintes imaxes:

Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

En canto aos locais comercias, foron dous os resultantes das rehabilitacións. Un deles conta con actividade desde novembro; o outro a terá proximamente.

Concretamente, foi o 29 de novembro do 2013 cando se inaugurou Vigo Remeber, unha galería de arte tamén coñecida como ‘O furancho das artes’, como lle gusta denominala ao seu dono, Juan Teixeira.

Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

Convencido do potencial que o Casco Vello pode ofrecer a Vigo, anima ao resto dos artistas e novos emprendedores que se sumen ao cambio total que está a vivir, día a día, o noso corazón da cidade.

E parece que algúns deciden xa unirse a este cambio. Proba diso está na nova apertura que acollerá Cruz Verde. Hermes Sistemas, empresa dedicada ao sector TIC, contará co seu propio espazo no novo barrio histórico de Vigo.

 

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter