Literatura, arquitectura e fotografía na mesma rúa

Tras falarvos de Abeleira Menéndez, rúa que abriu esta sección, agora tócalle o turno a Santiago, na que tamén se acometeron diversos traballos de rehabilitación, concretamente nos números 19 e 11-13-15-17. Empezaremos polo 19.

Unha vivenda e un local comercial foron o resultado dos traballos realizados nel.Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

Da seguinte actuación saíron nada máis e nada menos que 8 vivendas e 4 locais comerciais.Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

As nove vivendas foron postas á disposición do público no primeiro sorteo do IGVS, o que supuxo un gran impulso na labor de rehabilitación e entrada de xente de novo no barrio. Instaláronse novas familias que foron, pouco a pouco, dinamizando o casco histórico da cidade.

Pero nesa dinamización foron moi importantes tamén os negocios que decidiron apostar polo Casco Vello como lugar onde desenvolver a súa actividade. Un deles, e do que vos falamos xa nunha ocasión, é o estudio de arquitectura Torrado&Fernández. Tras comezar a súa actividade noutro punto do barrio, concretamente en Abeleira Menéndez, decidiron mudarse a un dos locais rehabilitados polo CCVV, concretamente ao número 15 desta rúa Santiago.

Casco Vello Vigo

E tamén podemos presumir de contar no barrio cunha editorial independente, como é a Editorial Elvira, dedicada á poesía, ao libro de artista e a literatura en xeral.Casco Vello Vigo

Imaxe: Facebook Editorial Elvira

E xa por último, que non menos importante, outro dos locais que decidiu instalarse nun local rehabilitado polo Consorcio Casco Vello de Vigo foi Oruga Express, unha tenda de fotografía situada no número 19.Casco Vello Vigo

Como vedes, arquitectura, literatura e fotografía únense nesta rúa do Casco Vello e axudan a outorgarlle outra imaxe totalmente diferente á de anos atrás.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter