O sorteo de San Francisco, 15 terá lugar o 16 de setembro

Alzados das distintas fachadas da nova promoción do CCVV.

Vigo, 8 de setembro de 2021.- O sorteo para establecer a orde de adxudicación dos candidatos que optan ás dúas vivendas incluídas na promoción San Francisco, 15 realizarase o próximo día 16 de setembro, a partir das 10,00 horas, segundo a resolución que hoxe publica o Instituto Galego de Vivenda e Solo, responsable deste proceso, na súa páxina web.

 

A adxudicación, como é preceptivo para as Vivendas de Protección Oficial de Promoción Privada, categoría na que se inclúen estas dúas novas construcións impulsadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo, se levará a cabo ante notario e terá carácter público para o que, e ante a situación creada pola epidemia de Covid 19 que impide a asistencia dos interesados ao salón de actos do IGVS, onde terá lugar o sorteo, realizarase a súa retransmisión en streaming desde a páxina web do CCVV.

A resolución antes citada recolle a listaxe definitiva das 46 candidaturas admitidas, así como o do oito finalmente rexeitadas por incumprir algún dos requisitos necesarios para poder optar a esta promoción.

Dúplex

As dúas vivendas que agora se adxudican son o resultado da intervención do Consorcio Casco Vello de Vigo sobre un edificio adquirido por este organismo en setembro de 2018. Un investimento próximo aos 340.000 euros permitiu desenvolver o proxecto do arquitecto Rafael Cabeza Rey- Stolle, que expuxo a división dos catro niveles do edificio en dous apartamentos tipo dúplex, cada un deles con acceso independente por distintas fachadas, aproveitando a diferenza de cota existente entre a parte dianteira e traseira da construción.  O situado nas plantas unha e dúas ten unha superficie útil de 110,54 m2, en tanto que o que ocupa as dúas plantas superiores alcanza os 119,65. Ambos contan con tres dormitorios, baño, aseo e un salón-comedor-cociña. O prezo do primeiro ascende a 188.000 euros, mais ive, en tanto que o segundo elévase ata os 210.000 euros, máis ive.

 

 

 

Facebook