consello administración

O Consorcio Casco Vello adquire a súa primeira vivenda na rúa San Francisco

O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo aprobou esta mañá a adquisición da vivenda situada no número 15 da rúa San Francisco, unha construción de planta baixa e tres alturas. Supón a adquisición número 77 desde que o Consorcio inicio a súa actividade, a primeira nesta rúa que transcorre pola parte posterior da praza do Berbés, zona na que se concentrarán boa parte das actuacións do CCVV en 2019.

Aprobado o proxecto para a rehabilitación de Cruz Verde 12

Francisco Javier Pardo Espiñeira substitúe a David Regades como vicepresidente do Consorcio   O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo ( CCVV), reunido esta mañá baixo a presidencia de Ignacio López-Chaves, delegado da Xunta de Galicia en Vigo, aprobou o proxecto técnico para a rehabilitación do edificio situado na rúa Cruz Verde 12 de […]

O Casco Vello de Vigo contará cun albergue de Peregrinos nun edificio cedido polo CCVV

A cesión dun edificio na zona do Berbés para a habilitación a cargo da Axencia Galega de Turismo dun albergue de peregrinos e a compra dunha nova vivenda para a súa rehabilitación na rúa Elduayen son dúas importantes decisións adoptadas esta mañá polos órganos de dirección do Consorcio Casco Vello, reunidos baixo a presidencia de Ignacio López-Chaves, delegado da Xunta de Galicia en Vigo.

Reservadas as cinco últimas vivendas promovidas polo CCVV

Os órganos directivos do Consorcio Casco Vello de Vigo, Consello de Administración e Comité Executivo, celebraron hoxe senllas reunións nas que se abordaron varios trámites administrativos relativos á certificación final das últimas promocións deste organismo, as situadas en Subida á Costa 5 e Subida ao Castelo 12. No transcurso destas reunións, presididas por Ignacio López-Chaves, […]

O Consorcio Casco Vello rehabilitará unha vivenda histórica na Ribeira do Berbés

  Vigo, 07-09-2017.- O Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) organismo integrado nun noventa por cento pola Xunta de Galicia e nun dez por cento polo Concello de Vigo, aprobou na súa reunión ordinaria celebrada esta mañá a adquisición dun novo inmoble na zona do Berbés.  Trátase dunha edificación levantada sobre unha […]

O comité executivo do CCVV autoriza a compra dun novo edificio no Berbés

Na súa primeira reunión tras a designación de Ignacio López-Chaves como presidente do comité executivo do CCVV para un novo mandato, o órgano executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo aprobou a adquisición do edificio número 5 da Praza do Berbés para a súa rehabilitación e adxudicou o contrato para acometer as obras en Subida a Costa 5.

O CCVV convoca un Consello de Administración para avanzar no proxecto do Rexistro Civil

A reunión ten coma obxectivo dar o visto bo a unha modificación dos Estatutos necesaria para poder construír o Rexistro Civil  O órgano de goberno do Consorcio –do que forman parte representantes do IGVS e dos tres grupos municipais do Concello de Vigo- celebrarase este xoves día 13 de outubro Vigo, 12 de outubro de […]

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter