adquisición

O Consorcio Casco Vello adquire a súa primeira vivenda na rúa San Francisco

O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo aprobou esta mañá a adquisición da vivenda situada no número 15 da rúa San Francisco, unha construción de planta baixa e tres alturas. Supón a adquisición número 77 desde que o Consorcio inicio a súa actividade, a primeira nesta rúa que transcorre pola parte posterior da praza do Berbés, zona na que se concentrarán boa parte das actuacións do CCVV en 2019.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter