Publicada a lista de admitidos no procedemento de adxudicación de 12 vivendas rehabilitadas polo CCVV
Vigo, 28 de agosto de 2013.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo fixo público hoxe o listado definitivo de admitidos e excluídos no procedemento de adxudicación de 12 vivendas protexidas rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo (CCVV). As persoas interesadas no procedemento dispoñen de sete días hábiles para formular as reclamacións que consideren oportunas. As listas pódense consultar na web do IGVS (http://igvs.es/web/actuamos/600).
O procedemento para a adxudicación destas 12 vivendas abriuse a principios de xullo. Podían participar todos aqueles que nesa data estiveran inscritos ou tiveran presentada solicitude de inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda, no réxime de vivenda concertada e acceso en compra e que nos quince días seguintes á data de apertura solicitasen a súa inclusión no procedemento.
As vivendas suxeitas a este procedemento de adxudicación son as seguintes:
Localización |
Nº vivendas |
Superficie m2 |
Nº dormitorios |
Prezo € |
R/ Ferrería 31 |
1 |
65,56 |
1 |
91.437,84 |
R/ Ferrería 33-35 |
2 |
47,25 |
2 |
65.900,52 |
46,85 |
65.342,63 |
|||
R/ Ferrería 33-35 |
2 |
88,35 |
3 |
123.223,51 |
84,28 |
117.547,00 |
|||
R/ Ferrería 25-27-29 |
5 |
56,81 |
2 |
79.234,04 |
60,71 |
84.673,45 |
|||
65,68 |
91.605,21 |
|||
73,14 |
102.009,82 |
|||
116,55 |
3 |
162.554,62 |
||
Canellón do Estreito 12 |
1 |
62,75 |
1 |
87.518,68 |
Canellón do Estreito 12 |
1 |
92,57 |
2 |
129.109,23 |
A previsión do Instituto Galego de Vivenda e Solo é que o sorteo das vivendas entre os integrantes das listas de admitidos se realice o 17 de setembro.