Comeza o prazo de presentación de candidatos ás 5 vivendas da promoción Elduayen 39-Ferrería 16

Todas aqueles interesados -que cumpran os requisitos da convocatoria- nas cinco vivendas incluídas na promoción do Casco Vello Elduayen 39-Ferrería 16 poden presentar, a partir de mañá, as súas candidaturas, de acordo coa resolución publicada hoxe polo Instituto Galego de Vivenda e Solo, responsable do proceso de adxudicación.

Na citada disposición, que pode ser consultada nesta ligazón, fíxase un prazo de quince diás hábiles, contando desde o seguinte ao da súa publicación, para solicitar a súa inclusión nas listas do sorteo mediante o cal se adxudicarán as vivendas. Na mesma inclúense, ademáis, todos os datos relativos ás características e prezos das cinco vivendas, así como o modelo do documento para presentar para a inclusión no procedemento de adxudicación.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.