O CCVV entrega as chaves doutras 2 VPA, co que xa son 6 os novos veciños grazas ao último sorteo celebrado polo IGVS
- A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou este venres as chaves aos propietarios doutras 2 Vivendas de Protección Autonómica (VPA), rehabilitadas polo organismo, e pertencentes ao sorteo dos 12 pisos que realizou o pasado mes de setembro o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
- Unha delas é a Vivenda D da promoción Ferraría 25-27-29-31, que ten 2 dormitorios e unha superficie de 58,52 m2, mentres que a segunda é o 2ºB da promoción Ferraría 33-35, cunha superficie de 84,28m2 e ten 3 dormitorios. O prezo da primeira é de 82.037,43 euros (sen IVE) e doutra, 117.547,00 euros (sen IVE) .
- Grazas a decisión adoptada o ano pasado polo CCVV de rebaixar o custe dos pisos para facilitar aínda máis a chegada das novas familias ao barrio, o aforro aplicado ás 2 VPA entregadas foron de 22.200 euros para a primeira e de máis de 31.900 euros para a segunda.
Vigo, 01 de marzo de 2014-. A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou onte as chaves doutras 2 Vivendas de Protección Autonómica (VPA), rehabilitadas polo organismo, e pertencente ao último sorteo de 12 pisos celebrado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) en Vigo, co que xa son 6 os novos veciños chegados ao barrio grazas ao actual proceso de adxudicación.
O acto para a firma das hipotecas e das escrituras destes novo piso postos no mercado polo CCVV –participado nun 90% pola Xunta en un 10% polo Concello- celebrouse este venres nunha notaría da nosa cidade. Para cando remate de adxudicación desas 12 VPA do último sorteo celebrado o pasado 17 de setembro, serán unhas 60 as familias que xa residirán no barrio desde que o organismo comezara a oferta de vivendas, no ano 2011.
Con respecto a estas 2 novas VPA entregadas, trátase da Vivenda D da promoción Ferraría 25-27-29-31, que ten 2 dormitorios e unha superficie de 58,52 m2, mentres que a segunda é o 2ºB da promoción Ferraría 33-35, cunha superficie de 84,28m2 e ten 3 dormitorios. O prezo da primeira é de 82.037,43 euros (sen IVE) e doutra, 117.547,00 euros (sen IVE).
Unha vez máis, e grazas a decisión adoptada polo Consello de Administración do CCVV no mes de maio de 2013 de rebaixar o custo das vivendas para facilitar aínda máis a chegada das novas familias ao barrio nos actuais tempos de crise, os aforros nas entregas de onte ascendeu a máis de 22.200 euros, no caso da Vivenda D de Ferraría 25-27-29-31 –antes o seu prezo era de 104.333,21 euros (sen IVE), e máis de 31.900 euros, no 2ºB de Ferraría 33-35 –antes era de 149.489,12 euros (sen IVE)-. O prezo fixado do metro cadrado útil dos pisos rehabilitados polo organismo é agora de 1.394,72 euros/m2, fronte aos 1.773,72 euros/m2 de antes.
Ferraría 25-27-29-31 (1 piso): Vivenda D: 2 dormitorios e superficie útil de 58,82 m2. Prezo: 82.037,43 euros (sen IVE). Prezo anterior: 104.333,21 (sen IVE). Aforro para o adxudicatario tras a rebaixa: máis de 22.200 euros.
Ferraría 33-35 (1 piso): 2ºB: 3 dormitorios e superficie útil de 84,28 m2. Prezo: 117.547,00 euros (sen IVE). Prezo anterior: 149.489,12 (sen IVE). Aforro para o adxudicatario tras a rebaixa: máis de 31.900 euros.
Na actualidade, o CCVV segue adiante co proceso aberto de adxudicación das restantes 6 VPA sorteadas polo IGVS e que se atopan nas promocións Ferraría 25-27-29-31 (2 vivendas), Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas) e Ferraría 33-35 (2 vivendas). Tamén poden adxudicarse outras 3 VPA baleiras de forma directa e que se atopan en Ferrería 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (2 pisos) e Santiago, 19 (1 piso).
O requisito para poder acceder tanto aos pisos mediante adxudicación directa e como nos sorteos futuros do IGVS é estar inscrito no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.
Ata o de agora, o CCVV adquiriu 64 inmobles, dos cales 36 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 21 locais comerciais e 81 vivendas -64 para venda, 12 para aluguer e 5 para realoxos-. Na actualidade hai 4 inmobles cuxas rehabilitacións están en execución, para dar lugar a 10 vivendas e 2 locais comerciais.