Bravo Bosch visita ás últimas VPA sorteadas, emprazadas en Ferrería e San Sebastián e que esperan á chegada dos seus novos propietarios

Copia de Bravo Bosch visita San Sebastián 24-26 (II)

  • A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) percorreu hoxe os pisos de protección emprazados na parte alta do barrio histórico e que se atopan en pleno proceso de adxudicación e que foron sorteados no mes de xullo por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)
  • Desde que o organismo comezou a súa oferta de posta no mercado de vivendas rehabilitadas, no ano 2011, residen no Casco Vello un total de 69 novas familias. Nas vindeiras semanas sumaranse algúns dos actuais adxudicatarios que xa confirmaron a reserva dos seus inmobles
  • As 8 VPA visitadas pertencen ás promocións San Sebastián 24-26 e Ferrería 3-5-7. Os prezos das mesmas van desde os 80.000 euros (sen IVE) da máis barata aos 126.700 euros (sen IVE) da máis cara. Teñen 1 e 3 dormitorios e unhas superficies que oscilan entre 55,44 m2 e 87,38 m2

Vigo, 12 de agosto de 2015- A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, realizou este mércores unha visita ás últimas Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas nas rúas Ferrería e San Sebastián e que se atopan en pleno proceso de adxudicación tras ser sorteadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) nun acto público e ante notario celebrado o pasado mes de xullo.

Bravo Bosch, acompañada polo xerente do organismo, Alfonso Ramos, e os arquitectos das dúas rehabilitacións, José Luis Díaz Mateo (Ferrería 3-5-7) e Antonio Cominges (San Sebastián 24-26), lembrou que desde que comezou a oferta de posta no mercado de pisos de protección, hai agora catro anos, residen no Casco Vello un total de 69 novas familias. Así mesmo, nas vindeiras semanas sumaranse algúns dos actuais adxudicatarios que xa confirmaron a reserva dos seus inmobles, xa que se atopan en pleno proceso de compravenda.

Ata a actualidade, o IGVS sorteou xa 82 VPA que formaron parte dun total de 6 fases con distintas promocións de inmobles. No que vai de ano, leváronse a cabo dous sorteos relativos a 18 pisos de protección, un durante o pasado mes de xullo e o outro en marzo.

Copia de Bravo Bosch visita Ferrería 3-5-7Características das 8 vivendas visitadas 

  • San Sebastián 24-26 (4 VPA):

1 vivenda A (planta baixa): 1 dormitorio. Superficie útil: 61,96 m2.

Prezo: 89.842,00 euros (sen IVE incluído).

1 vivenda B (planta primeira e segunda): 1 dormitorio. Superficie útil: 72,65 m2.

Prezo: 105.342,50 euros (sen IVE incluído).

1 vivenda C (planta primeira): 1 dormitorio. Superficie útil: 57,86 m2.

Prezo:  83.897,00 euros (sen IVE incluído).

1 vivenda D (planta segunda): 1 dormitorio. Superficie útil: 60,41 m2.

Prezo: 87.594,50 euros (sen IVE incluído).

 Ferrería 3-5-7 (4 VPA):

1 vivenda 1º A (planta primeira): 1 dormitorio. Superficie útil: 55,88 m2.

Prezo: 81.026,00 euros (sen IVE incluído).

1 vivenda 1º B (planta primeira): 1 dormitorio. Superficie útil: 57,34 m2.

Prezo: 83.143,00 euros (sen IVE incluído).

1 vivenda 2º A (planta segunda): 1 dormitorio. Superficie útil: 55,44 m2.

Prezo: 80.388,00 euros (sen IVE incluído).

1 vivenda 2º B (planta segunda): 3 dormitorios. Superficie útil: 87,38 m2.

Prezo: 126.701,00 euros (sen IVE incluído).  

O CCVV investiu na rehabilitación destas dúas promocións visitadas hoxe arredor dun millón de euros –na intervención de Ferrería 3-5-7, 467.571,94 euros (sen IVE), e na de San Sebastián 24-26, 413.582,17 euros (sen IVE).

Ademais deste último sorteo, o CCVV aínda ten dispoñibles outros 4 pisos que se poden adxudicar de forma directa. Os interesados teñen que estar inscritos previamente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.

Balance actual de actividade O CCVV adquiriu un total de 70 inmobles, dos cales 43 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 99 vivendas -82 para venda, 12 para aluguer e 5 para realoxos- e 27 locais comerciais -17 xa teñen actividade empresarial,  3 están en proceso de adxudicación mediante concurso público e outros 4 están xa rematados, 1 máis está pendente do uso e os outros 2 son os relativos á sede de APEC e ao novo Servizo de Notificacións e Embargos.

Así mesmo, 10 inmobles foron transmitidos a outras institucións, incluíndo aquí, entre outros, os últimos 3 edificios da Ribeira do Berbés (números 11-13-15) onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas, así coma os 4 inmobles adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26), desde onde xa operan.

Por último, xa foron licitadas as obras de rehabilitación doutros 4 edificios emprazados na rúa Ferrería, concretamente, nos números 10-12 e 45-47. A previsión do CCVV é comezar coas súas obras este mesmo ano. Tras a intervención, se porán no mercado outras 6 VPA e 3 locais comerciais.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.