A Xunta inicia o procedemento de adxudicación de 8 VPA rehabilitadas polo Consorcio
- Os interesados deberán estar inscritos a día de hoxe no Rexistro de Demandantes de Vivenda e presentar solicitude de inclusión no sorteo nun prazo de quince días
- As oito vivendas de Vigo foron rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello, participado nun 90% polo Instituto Galego de Vivenda e Solo
Santiago, 13 de maio de 2015.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de oito Vivendas de Protección Autonómica (VPA), rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo.
O requisito para entrar no sorteo das oito novas vivendas é estar inscrito e anotado, á data de hoxe, no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, no réxime de vivenda de prezo concertado e na casiña de compra.
Trátase de vivendas desde 55 metros cadrados e algo máis de 80.000 euros de prezo de venda ata os 87 metros cadrados e 127.000 euros.
As vivendas están emprazadas nas rúas San Sebastián e Ferrería e reúnen as seguintes características:
Emprazamento | Características das vivendas | Prezo de venda |
San Sebastián 24-26 | Planta baixa 61,96 m2 | 89.842 € |
San Sebastián 24-26 | 1ª e 2ª planta 72,65 m2 | 105.342,50 € |
San Sebastián 24-26 | 1ª planta 57,86 m2 | 83.897 € |
San Sebastián 24-26 | 2ª planta 60,41 m2 | 87.594,50 € |
Ferrería 3-5-7 | 1ºA 55,88 m2 | 81.026 € |
Ferrería 3-5-7 | 1º B 57,34 m2 | 83.143 € |
Ferrería 3-5-7 | 2º A 55,44 m2 | 80.388 € |
Ferrería 3-5-7 | 2º B 87,38 m2 | 126.701 € |
Pode consultarse a resolución de inicio do procedemento, así como o modelo de solicitude para anotarse no concurso na web www.igvs.xunta.es no apartado de “Sorteos de VPA e VPP”.