ferrería

“Magia en la Manga”, a primeira escola de maxia de Galicia, abre as suas portas no Casco Vello

Vigo, 13 de xullo do 2023.- O vindeiro sábado, 15 de xullo, abrirá as súas portas uno dos novos negocios instalados no Casco Vello tras o concurso de alugueiro de locais organizado polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV). Trátase dunha nova iniciativa de tres dos integrantes da compañía “Magia en la Manga”, que presta […]

A demolición de dúas plantas irregulares supón o inicio da promoción Ferrería,16-Elduayen, 39

Vigo, 5 de agosto do 2021.- O Comité Executivo do Consorcio Casco Vello, reunido esta mañá con carácter extraordinario baixo a presidencia de Marta Mª. Fernández-Tapias, aprobou a adxudicación das obras de demolición de dúas plantas do edificio situado en Ferrería, 16. Este edificio foi adquirido no seu día polo CCVV para a súa rehabilitación […]

O CCVV inicia o terceiro proceso de selección de candidatos de 2021 para adxudicar 4 vivendas no Berbés

O Comité Executivo aprobou tamén a demolición de tres plantas fora de ordenación en Ferrería, 16     Vigo, 27 de maio do 2021.- O Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo, reunido esta mañá baixo a presidencia de Marta Mª. Fernández-Tapias Núñez, delegada da Xunta de Galicia en Vigo, acordou solicitar ao Instituto […]

Tres novas compras do CCVV permitirán recuperar 924 m2 para futuras vivendas de promoción pública

O investimento rolda o medio millón de euros Real 13 deberá conservar unha das fachadas de pedra máis destacadas do Casco Vello   Vigo, 26-12-2019.- O comité executivo de o  Consorcio Casco Vello de Vigo ( CCVV), reunido esta mañá baixo a presidencia da delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Corina Porro,  autorizou unha tripla […]

O emprego da luz cenital outorga a Ferrería 8 un dos premios “Gran de Area” dos arquitectos do sur de Galicia

Vigo, 4/11/2019.– A rehabilitación Ferrería 8, promovida polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), acaba de obter un dos premios “Gran de Area” de arquitectura que outorgan as delegacións dos Colexios de Arquitectos de Pontevedra, Vigo e Ourense. Na sua rehabilitación destaca sobre todo a brillante combinación de novos materiais de construción –formigón, madeira, ferro… […]

Ferrería 45-47 obtén unha das mencións dos Premios Galegos de Arquitectura

O labor de recuperación do centro histórico que desde fai mais de dez anos realiza o Consorcio Casco Vello de Vigo acaba de obter un novo recoñecemento ao conseguir o proxecto da arquitecta Eva María Castro para as vivendas da Rúa Ferrería 45-47 una das mencións dos Premios Galegos de Arquitectura, na categoría de rehabilitación.

O presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo destaca a aposta deste organismo polas familias

.- Vigo, 11 de xullo do 2018.    “Facilitar a incorporación de familias ao Casco Vello” é o principal obxectivo das dúas promocións que na actualidade está a levar a cabo o Consorcio Casco Vello de Vigo, segundo destacou onte o presidente deste organismo e delegado da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Chaves, no […]

Visita ás obras de Ferrería 45-47 dos adxudicatarios da promoción

Adxudicatarios e “reservistas” das catro vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo en Ferrería 45-47 realizaron esta mañá unha visita ás mesmas na que tiveron ocasión de coñecer directamente as características principais desta promoción. Acompañados por persoal técnico do Consorcio e da arquitecta responsable do proxecto, Eva María Castro, os interesados na compra dalgunha destas […]

As seis vivendas de Ferrería 45-47 e Ferrería 10-12 adxudicaranse o 8 de maio

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) fixo hoxe públicos as listaxes das solicitudes admitidas e rexeitadas definitivamente nos procesos de adxudicación das Vivendas de Protección Oficial de Promoción Privada que o Consorcio Casco Vello de Vigo impulsou nos edificios Ferrería 45-47  (expte. P09-VC-0003/15)   e Ferrería 10-12 (expte. P09-VC-0001/15)   (pulsando sobre as ligazóns anteriores podras acceder […]

O IGVS publicou as listaxes provisionais de admitidos para o sorteo de Ferrería 45-47 e 10-12

O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) publicou as listaxes provisionais de solicitantes de VPA admitidos  e non admitidos nos procesos de adxudicación das promocións Ferrería 45-47 e Ferrería 10-12, levadas a cabo polo Consorcio Casco Vello de Vigo.  Para a primeira delas, Ferrería 45-47, onde a rehabilitación efectuada polo CCVV permitiu construír catro […]

O Consorcio aluga un novo local que se dedicará ao comercio de produtos alimenticos

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Vigo, e presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo, Ignacio López-Chaves, asinou o pasado martes o contrato de aluguer dun local situado na rúa Ferrería 5. O local destinarase ao comercio por maior e detalle de produtos alimenticios, e servirá tamén como punto físico de distribución de mercadorías. […]

Case sesenta ofertas optan ás vivendas que o CCVV promove na rúa Ferrería

 O interese espertado pola nova promoción de vivendas contruidas polo Consorcio Casco Vello na rúa Ferrería non pode ser cualificado doutra maneira que de sobresaliente xa que, segundo informou o Instituto Galego de Vivenda e Solo, responsable do proceso administrativo de adxudicación das mesmas, son 58 as ofertas presentadas para optar a algunha das seis […]

Queda puoco máis dunha semana para optar a unha das novas seis vivendas na rúa Ferrería

30 de enero de 2017.- Como informamos a semana pasada o CCVV solicitou ao Instituto Galego de Vivenda e Solo o inicio do proceso de adxudicación e venda das súas novas promocións Ferrería 10-12 e Ferrería 45-47. Nesta ligazón podedes acceder a información de cada unha das seis vivendas que a integran (hainas de 1, […]

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter