Visita ás obras de Ferrería 45-47 dos adxudicatarios da promoción

Adxudicatarios e “reservistas” das catro vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo en Ferrería 45-47 realizaron esta mañá unha visita ás mesmas na que tiveron ocasión de coñecer directamente as características principais desta promoción. Acompañados por persoal técnico do Consorcio e da arquitecta responsable do proxecto, Eva María Castro, os interesados na compra dalgunha destas vivendas foron informados sobre o proceso para seguir para a súa adquisición definitiva, unha vez que o sorteo realizado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo o pasado 8 de maio estableceu a orde de prioridade para a súa asignación. O citado proceso prevese que conclúa ao longo do verán deste ano, o que permitirá que a zona histórica de Vigo acolla a catro novas familias.

 

Patio posterior da promoción.

A rehabilitación de Ferrería 45-47 serviu para crear un dúplex de 3 dormitorios, 1 vivenda con dúas habitacións e, por último, 2 pisos con 1 dormitorio ademais de 1 local comercial. As superficies resultantes oscilan entre 56,65 metros cadrados dun piso dunha habitación e 119,65 m2 do dúplex. Ou local comercial contará con 63,60 metros cadrados. O proxecto contempla a existencia dun xardín posterior “para conseguir luminosidade” ademais de respectar e protexer as lareiras e outros elementos orixinais da construción de acordo coa normativa. O investimento total do Consorcio no proxecto alcanza os 670.00 euros.

Facebook