Vig Arquitectura, “facer cidade” como obxectivo

Desde a pasada semana o Casco Vello conta oficialmente cunha nova empresa nas súas rúas, aínda que como se verá máis adiante a súa formulación non é só económica. Trátase de Vig arquitectura”, un estudo profesional, situado en Ferrería 12, que xorde como resultado da colaboración das arquitectas Luz Morgade e Rebeca Domato. Ambas as duas cunha ampla experiencia de case dúas décadas no mundo da construción contactaron ao longo da súa actividade e, desde hai un ano, buscaron a posibilidade de abrir o seu propio estudo; a convocatoria do concurso de alugueiros do Consorcio Casco Vello facilitoulles levar adiante a súa iniciativa xa que -sinalan- “queríamos instalarnos nunha zona céntrica e varios dos locais ofertados adaptábanse polas súas dimensións ao que estabamos a buscar. E ademais non cabe dúbida” -continúan- “de que as condicións do alugueiro supoñen unha interesante axuda para o arranque do estudo”. 

Ambas as socias contan cunha ampla experiencia no sector da construción.

Resultaron finalmente adxudicatarias do local que ocupa os baixos da promoción Ferrería 10-12, talvez un dos máis singulares dos ofertados ao contar con dúas plantas, unidas cunha distintiva escaleira metálica, o que as facilitou o crear dúas zonas de traballo independentes. O local conta tamén cun patio de luces que a pesar do seu reducido tamaño facilita a iluminación natural e no que engadiron mobiliario para a súa utilización como área de “repouso” durante as súas xornadas de traballo.

Aínda que ao longo do seu periplo profesional han pasado por diversas áreas do mundo da construción, coa apertura do seu estudo tentarán a partir de agora centrarse en dous aspectos que lles resultan especialmente interesantes: o urbanismo e a obra pública no caso de Rebeca, e a bioconstrucción -o emprego de materiais construtivos que contribúen á creación de espazos máis saudables- no de Luz

 

Apoio

Con todo, indo máis aló do estritamente técnico e profesional, e desde o punto de vista da buscada recuperación do Casco Vello, o que máis destaca das responsables de Vig é o seu indubidable desexo de integrarse na zona, de -nas súas propias palabras “facer cidade”. Desde o mesmo momento en que comezaron a reforma do local adxudicado iniciaron contactos cos veciños e as asociacións do barrio co ánimo de colaborar e crear iniciativas para a súa dinamización. Así, desde a súa inauguración, as paredes do seu estudo convertéronse en improvisada galería que cederán para dar a coñecer a obra de artistas emerxentes que residen na zona, especialmente a daqueles que son alumnos da Escola de Artes Oficios, polos que senten unha especial simpatía ante a posibilidade do seu peche. Ademáis, próximamente poñerán en marcha o seu propio plan de apoio a aqueles veciños con menos recursos aos que prestarán, unha mañá de sábado cada quince días e de forma absolutamente altruísta, asesoramento técnico en temas relacionados coa súa actividade (elaboración de planos e/o orzamentos, apoio na tramitación de subvencións…). Unha formulación, en fin, que supón un paso máis nese camiño que desde hai xa algúns anos abriuse para a rexeneración do Casco Vello e ante o que non hai outra opción que mostrar recoñecemento e desexar unha longa e afortunada traxectoria.

 

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter