Publicado o anuncio no BOP para iniciar o proceso de alugueiro de 20 locais

As ofertas deberán tramitarse a través da plataforma SILEX

 

Vigo, 27 de xuño de 2022.- O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra publica hoxe o anuncio de posta en marcha do proceso de alugueiro, mediante un concurso público, de 20 locais pertencentes ao Consorcio Casco Vello de Vigo. Os mesmos atópanse distribuídos en distintas zonas e rúas do ámbito de actuación deste organismo e ofértanse nunhas condicións de gran interese para aqueles particulares ou empresas interesadas en iniciar unha actividade económica na súa contorna.  As mesmas poden ser consultadas na seguinte ligazón: PREGO DE CONDICIÓNS

Ligazón ao programa SILEX para presentación de solicitudes

Facebook