O Paif 2025 do Consorcio Casco Vello de Vigo inxectará máis de 2 millóns na recuperación da zona
Vigo, 12 de setembro de 2024.– O Consorcio Casco Vello de Vigo, reunido esta mañá baixo a presidencia de Ana Ortiz Alvarez, aprobou o seu Plan de Actuaciónes, Investimentos e Financiamento (PAIF) para o exercicio 2025, por un importe de 2.136.909,00 €, un 27% superior ao do exercicio 2024. A desagregación desta cifra permite catalogalos como uns “orzamentos netamente investidores”, xa que máis do 75% dos mesmos destínase á rehabilitación ou adquisición de inmobles, correspondendo o resto a gastos xerais. Esta cantidade, en calquera caso, podería verse incrementada coa aplicación de remanentes de tesourería solicitada polo CCVV, que permitiría engadir ata 1.400.000 euros a estes orzamentos para continuar co proceso de recuperación da zona incluída no ámbito de actuación deste organismo.
A aplicación do PAIF 2025 permitirá, en concreto, a posta ao dispor da cidadanía de nove Vivendas de Protección Autonómica (VPA) e un local comercial no casco vello de Vigo. Cinco delas, de entre 50 a 90 metros cadrados e 1, 2 ou 3 habitacións pertencen á promoción Elduayen 39-Ferrería 16, que aloxará tamén o novo local comercial. Outras dúas vivendas -de máis de 115 metros cadrados cada unha- serán achegadas pola promoción Hortas 2,4- San Sebastián 20. As duas restantes -de dous dormitorios e 90 e 106 metros cadrados- atópanse na actuación que leva a cabo en Ribeira do Berbés 39-San Francisco 2.
O PAIF aprobado hoxe posibilita así mesmo, a posta en marcha durante 2025 da rehabilitación de Rúa Alta 8-14, que dará lugar a 5 novas vivendas. Así mesmo comezarase a traballar na licitación dos proxectos doutras dúas intervencións, ambas as na Ribeira do Berbés, en concreto nos números 7 e 27.