A rehabilitación, en datos

Fai xa dez anos que se creou o Consorcio Casco Vello de Vigo para dar resposta ás demandas dos veciños do barrio histórico da cidade, que reclamaban un verdadeiro cambio nunha zona que estaba a vivir unha época de degradación e decadencia. Se ben aínda queda camiño por percorrer, a rehabilitación do Casco Vello de Vigo xa é unha realidade. Novas familias, emprendedores, administracións públicas e moita arte enchen diariamente as rúas do barrio histórico vigués e estanlle a dar o recoñecemento que merece.

Casco Vello Vigo

Ferrería San Sebastián

O Consorcio adquiriu ata o momento un total de 70 inmobles, dos cales 40 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce nun total de 91 vivendas e 23 locais comerciais.

Vivendas

74 desas 91 vivendas rehabilitadas destináronse á venda. Concretamente, as das promocións:

  • Abeleira Menéndez, 13-15; Santiago, 19; Santiago 11-13-15-17; Real, 16; Abeleira Menéndez, 11 (formaron parte do primeiro sorteo do IGVS).
  • Cruz Verde, 5; Abeleira Menéndez, 18-20; Abeleira Menéndez, 24-26 (formaron parte do segundo sorteo do IGVS).
  • Cuarteirón Castelo de San Sebastián: Hortas, 10-12; Cuarteirón Castelo de San Sebastián: San Sebastián 8-10-12; Cuarteirón Ferrería de San Sebastián: Ferrería 11-13-17 e San Sebastián 1-3-5-7 (formaron parte do terceiro sorteo do IGVS).
  • Ferrería 25-27-29-31; Canellón do Estreito, 12; Ferrería 33-35 (formaron parte do cuarto sorteo do IGVS).
  • Cuarteirón Castelo de San Sebastián: San Sebastián 4-6 e Subida ao Castelo 5-7 (formou parte do quinto sorteo do IGVS).

Delas, dúas están dispoñibles mediante adxudicación directa.

Outras 12 vivendas foron destinadas a aluguer, ubicadas na promoción Ferrería-Subida ao Castelo.

As 5 restantes destináronse a realoxos: Abeleira Menéndez, 11; Subida ao Castelo e Real, 25.

Ferrería

Ferrería

Hortas

Hortas

Dez inmobles foron transmitidos a diferentes institucións:

  • Tres edificios da Ribeira do Berbés (11-13-15), onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas.
  • Catro inmobles foron adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26).
  • Un inmoble situado na rúa Eduardo Chao foi transmitido ao Concello de Vigo para crear o Centro Galego de Fotografía. Ademais, tamén lle foi cedido o inmoble situado no número 9 da rúa San Sebastián.
  • Tamén a parcela ubicada no número 13 da rúa San Sebastián xunto ao local comercial de Abeleira Menéndez 24, foron adquiridos pola Xunta de Galicia para construír o novo Servizo Común de Notificacións e Embargos dos Xulgados vigueses.

Locais comerciais

En canto aos locais comercias, os seguintes teñen xa actividade empresarial:

Outro abrirá proximamente: Real, 25 (despacho de pan).

Son tres locais os que forman parte do actual concurso: San Sebastián, 4: San Sebastián, 6; Cruz Verde, 5.

Os dous restantes son os relativos á sede de APEC e ao Servizo de Notificacións e embargos.

A todo isto sumamos a licitación das obras de rehabilitación doutros catro edificios emprazados nas rúas Ferrería e San Sebastián. Delas sairán 8 novas vivendas e 4 locais comerciais: 4 VPA e 1 local comercial en San Sebastián 24-16 e 4 VPA e 3 baixos comerciais en Ferrería 3-5-7.

Abeleira Menéndez

Abeleira Menéndez

 

Ferrería San Sebastián

Ferrería San Sebastián

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter