Queres ser un novo veciño do Casco Vello?

Desde o Consorcio Casco Vello de Vigo pronto poremos en marcha un novo sorteo de vivendas a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo. Os inmobles corresponden ás obras de rehabilitación da promoción San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7 e sairán un total de 10 Vivendas de Protección Autonómica (VPA):

1 vivenda baixo A: 1dormitorio, 46,24 m2 útiles.
1 vivenda baixo B: 1 dormitorio, 46,24 m2 útiles.
1 vivenda 1ºA: 2 dormitorios, 59,16 m2 útiles.
1 vivenda 1ºB: 1 dormitorio, 56,13 m2 útiles.
1 vivenda 1ºC: 2 dormitorios, 67,66 m2 útiles.
1 vivenda 1ºD: 2 dormitorios, 67,66 m2 útiles.
1 vivenda 2ºA: 2 dormitorios, 59,16 m2 útiles.
1 vivenda 2ºB: 1 dormitorio, 56,13 m2 útiles.
1 vivenda 2ºC: 2 dormitorios, 68,20 m2 útiles.
1 vivenda 2ºD: 2 dormitorios, 67,70 m2 útiles.

Pero mentres o concurso non se pon en marcha, queremos recordarvos que existen aínda algunhas VPA ás que podedes acceder a través de adxudicación directa. Son as seguintes:

Santiago, 19
1º: 1 dormitorio e superficie útil de 66,1 m2.Prezo actual: 92.190,99 € (sen IVE). Prezo anterior: 117.242,89 €. Aforro: máis de 25.000 €.

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Canellón do Estreito, 12
Dúplex: 1 dormitorio e superficie útil de 61,60 m2.
Prezo: 85.914,75 € (sen IVE).
Aforro: máis de 25.300 €.

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Para acceder a elas terás que inscribirte previamente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra. Se tes algunha dúbida con respecto ao proceso, non dubides en poñerte en contacto cos profesionais do Consorcio; estarán encantados de axudarte.

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter