A rehabilitación, en datos
Fai xa dez anos que se creou o Consorcio Casco Vello de Vigo para dar resposta ás demandas dos veciños do barrio histórico da cidade, que reclamaban un verdadeiro cambio nunha zona que estaba a vivir unha época de degradación e decadencia. Se ben aínda queda camiño por percorrer, a rehabilitación do Casco Vello de Vigo xa é unha realidade. Novas familias, emprendedores, administracións públicas e moita arte enchen diariamente as rúas do barrio histórico vigués e estanlle a dar o recoñecemento que merece.
O Consorcio adquiriu ata o momento un total de 70 inmobles, dos cales 40 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce nun total de 91 vivendas e 23 locais comerciais.
Vivendas
74 desas 91 vivendas rehabilitadas destináronse á venda. Concretamente, as das promocións:
- Abeleira Menéndez, 13-15; Santiago, 19; Santiago 11-13-15-17; Real, 16; Abeleira Menéndez, 11 (formaron parte do primeiro sorteo do IGVS).
- Cruz Verde, 5; Abeleira Menéndez, 18-20; Abeleira Menéndez, 24-26 (formaron parte do segundo sorteo do IGVS).
- Cuarteirón Castelo de San Sebastián: Hortas, 10-12; Cuarteirón Castelo de San Sebastián: San Sebastián 8-10-12; Cuarteirón Ferrería de San Sebastián: Ferrería 11-13-17 e San Sebastián 1-3-5-7 (formaron parte do terceiro sorteo do IGVS).
- Ferrería 25-27-29-31; Canellón do Estreito, 12; Ferrería 33-35 (formaron parte do cuarto sorteo do IGVS).
- Cuarteirón Castelo de San Sebastián: San Sebastián 4-6 e Subida ao Castelo 5-7 (formou parte do quinto sorteo do IGVS).
Delas, dúas están dispoñibles mediante adxudicación directa.
Outras 12 vivendas foron destinadas a aluguer, ubicadas na promoción Ferrería-Subida ao Castelo.
As 5 restantes destináronse a realoxos: Abeleira Menéndez, 11; Subida ao Castelo e Real, 25.
Dez inmobles foron transmitidos a diferentes institucións:
- Tres edificios da Ribeira do Berbés (11-13-15), onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas.
- Catro inmobles foron adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26).
- Un inmoble situado na rúa Eduardo Chao foi transmitido ao Concello de Vigo para crear o Centro Galego de Fotografía. Ademais, tamén lle foi cedido o inmoble situado no número 9 da rúa San Sebastián.
- Tamén a parcela ubicada no número 13 da rúa San Sebastián xunto ao local comercial de Abeleira Menéndez 24, foron adquiridos pola Xunta de Galicia para construír o novo Servizo Común de Notificacións e Embargos dos Xulgados vigueses.
Locais comerciais
En canto aos locais comercias, os seguintes teñen xa actividade empresarial:
- A Tenda do Avó (Abeleira Menéndez, 11)
- JT Photo Gallery (Abeleira Menéndez, 13)
- Torrado&Fernández Arquitecto (Santiago, 11, baixo esquerda)
- Editorial Elvira (Santiago, 11, baixo dereita)
- Oruga Express (Santiago, 19)
- A Horta de Abeleira (Abeleira Menéndez, 15)
- Matina (Abeleira Menéndez, 24)
- Espacio Nido (Ferraría 25-27-29)
- Alexo. Enxeñería de Edificación (Abeleira Menéndez, 24)
- Cal Construcciones y Servicios (Ferrería, 31)
- Ideas de Percebe (San Sebastián, 8)
- La Rocka, Tenda de roupa punk (Ferrería, 33)
- Hermes Sistemas, S.L. (Cruz Verde, 5)
- Obrador Trastrigo (Ferrería, 17)
Outro abrirá proximamente: Real, 25 (despacho de pan).
Son tres locais os que forman parte do actual concurso: San Sebastián, 4: San Sebastián, 6; Cruz Verde, 5.
Os dous restantes son os relativos á sede de APEC e ao Servizo de Notificacións e embargos.
A todo isto sumamos a licitación das obras de rehabilitación doutros catro edificios emprazados nas rúas Ferrería e San Sebastián. Delas sairán 8 novas vivendas e 4 locais comerciais: 4 VPA e 1 local comercial en San Sebastián 24-16 e 4 VPA e 3 baixos comerciais en Ferrería 3-5-7.