Consorcio do Casco Vello de Vigo é un organismo autónomo, participado nun 90% polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e nun 10% polo Concello de Vigo que ten como misión fundamental encabezar o proceso de rehabilitación integral do centro histórico da cidade de Vigo para conseguir que volva ser un barrio con vida, atractivo para veciños e visitantes, que consiga combinar o pouso de varios séculos de tradición urbanística coas máis modernas vantaxes arquitectónicas. O proceso de recuperación non é, no entanto, unha tarefa unicamente para este organismo, xa que todos temos oportunidade de facer que o noso casco vello luza e lles dea a razón aos que o escolleron como lugar onde fundar unha cidade hoxe en día tan importante.
-
Destacados
- Resultados do terceiro sorteo do IGVS das 18 VPA no Casco Vello
- Listados definitivos de admitidos e excluídos para o sorteo das 18 VPA que fará o IGVS
- Información sobre venda e alugueres das vivendas unifamiliares (a través Rexistro Único Demandantes Vivenda de Galicia)
- Adxudicacións dos locais comerciais rehabilitados polo Consorcio en réxime de aluguer
- Información dos tres sorteos de 15 VPA no Casco Vello
- Listas definitivas de admitidos e excluídos para o segundo sorteo das VPA que fará o IGVS
- Información do sorteo de Vivendas de Promoción Pública (VPP) no Concello de Vigo (Casco Vello)
- Información dos cinco sorteos de VPA no Casco Vello de Vigo





