proxectos

O CCVV adquire para a súa rehabilitación unha das maiores superficies construíbles na praza do Berbés

O Consorcio Casco Velllo de Vigo acaba de aprobar a adquisición do solar resultante da fusión de varios edificios situados na Praza do Berbés, o que lle permitirá acometer un dos proxectos de rehabilitación máis importantes neste popular enclave vigués. Así mesmo, os seus órganos directivos aprobaron os proxectos para a rehabilitación de dous edificios adquiridos con anterioridade, un na mesma praza do Berbés e o outro en Abeleira Menéndez, unha das rúas onde o labor do CCVV foi máis intensa desde a súa creación.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter