O Consorcio Casco Vello de Vigo prolongará a súa actividade ata 2024
O acordo adoptado hoxe polo Consello de Administración pon en marcha o procedemento para prolongar a existencia do CCVV ata o ano 2024. Creado en 2005 na actualidade está constituído nun noventa por cento pola Xunta de Galicia, a través do IGVS, e nun dez por cento polo Concello de Vigo.