Un sorteo público establece a orde de adxudicación de Berbés, 41 e Abeleira Menéndez, 16

Vigo, 5 de maio do 2021.- A orde das candidaturas para a adquisición das tres vivendas incluídas nas promocións do Consorcio Casco Vello de Vigo en Abeleira Menéndez, 16 e Berbés, 41 quedou establecido esta mañá, nun sorteo público –retransmitido en directo a través da páxina web do CCVV ante a imposibilidade de asistencia ao acto debido á pandemia- realizado ante notario e que se celebrou no salón de actos da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo

No caso das dúas vivendas situadas en Berbés, 41 resultaron adxudicatarios José Antonio Cancio Sanles e Mercedes Barciela Balado e como primeiros reservistas Olga María García Vila e Cecilia Barrio Cabaleiro. Para a vivenda incluída no edificio Abeleira Menéndez, 16, onde tamén se creou un local comercial, resulto adxudicataria  Mercedes Barciela Balado, quedando como primeiros reservistas Lidia Ferreiro Palomares e Roberto Martínez Formoso. A relación completa e ordenada de todos os candidatos admitidos a participar nestes sorteos –69 no caso de Abeleira Menéndez, 16 e 63 no caso de Berbés, 41– poderá consultarse nas siguentes  ligazóns: Adxudicación Berbés, 41Adxudicación Abeleira Menéndez, 16.

A partir de agora ábrese un prazo para que aquelas persoas interesadas na adquisición destas vivendas poidan completar todos os requisitos requiridos ata a formalización da compra.

Con este sorteo foron once os actos deste tipo levados a cabo para adxudicar algunha das máis de cen vivendas posta ao dispor dos veciños de Vigo en edificios rehabilitados polo CCVV desde a súa creación en 2015.

Facebook