Literatura, gastronomía e cultura enchen de actividade o Casco Vello.

O segundo fin de semana otoñal -aínda que as temperaturas parezan empeñadas en demostrar que non estamos xa ás portas do mes de outubro- chega cargado de actividades ao Casco Vello de Vigo.editorial elvira

Mañá, venres 30 de setembro, a Editorial Elvira dará a coñecer o nome dos gañadores da terceira edición da súa Certame de Relatos Vigo Histórico. A resolución do xurado producirase no edificio do antigo concello, na praza da Princesa, ás 13.00 horas, nun acto aberto ao público. “La vidad de un lápiz” , en 2015, e “La casita de la Calle Real”, en 2014 foron os anteriores relatos gañadores desta iniciativa cultural da editorial asentada na rúa Santiago do Casco Vello.

Pola súa banda, o obradoiro de pan Trastrigo continúa cos seus cursos de cociña; nesta ocasión as súas instalacións da rúa Ferraría, 17 acollerán o sábado un curso sobre elaboración de postres fríos, impartido por Sonia Fornos. Os organizadores recomendan contactar con eles a través do seu whatsapp para confirmar a dispoñibilidade de prazas ás persoas interesadas.trastrigo-obrador-2-comprimida

A Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo tamén se suma a este catálogo de actividades con dúas iniciativas: no seu local da rúa Canovas del Castillo, 2 pódese contemplar a partir das oito da tarde de hoxe a exposición  “Evolucionando  ó abstracto”. Así mesmo, o edificio Arines,  sede do  Instituto Camoens, na praza de Almeida,  acollerá mañá, a partir das oito da tarde, o coloquio “Vigo-Terranova: historias do bacallau”, que poñerá fin ao programa da súa actividade “Ksal e outras historias do mar”.

Hai moitas razóns para visitar o Casco Vello, e a cultura, sen dúbida, non é a menor delas.

 

Facebook