Vigo, 24 de novembro do 2021.- A orde de adxudicación das catro vivendas que forman parte da promoción Berbés, 29, impulsada polo Consorcio Casco Vello de Vigo, foi establecido esta mañá en senllos sorteos, realizados ante notario, na sede do Instituto Galego de Vivenda e Solo en Vigo. O primeiro deles, para o que se admitiron 44 candidatos, estableceu como primeiros integrantes da listaxe de adxudicación das vivendas denominadas 1, 2 e 3 a Nadia Cantero Barros, Cecilia Rodríguez Rodríguez e Angela Aitana Vidal Gonzalez . O segundo, no que participaban 50 solicitantes e que poñía fin ao proceso de adxudicación da vivenda número 4, designou a Mauro Fachal Camiñoscomo adxudicatario, con Miguel Angel Vidal Acevedo María Carmen González Hidalgo encabezando a orde dos reservas. As listaxes completas e ordenadas de ambos os sorteos poden ser consultados na páxina web do IGVS e nestes enlaces
Expediente P09- VC-0004/20 vivendas 1,2 e 3 Expediente P09- VC-0004/20 vivenda 4
unha vez que sexan feitos públicos por este organismo.
Tras o sorteo, que puido ser seguido en streaming a través da páxina web do CCVV, ante a imposibilidade de permitir o acceso ao público ao salón de actos do IGVS como consecuencia da actual situación sanitaria, ábrese un prazo de 45 días para que os aspirantes poidan confirmar o seu interese na adquisición definitiva das vivendas e cumprimenten todos os requisitos legais e de financiamento.
Características
As catro vivendas incluídas nesta promoción, como todas as impulsadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo, teñen a categoría de Vivendas de Protección Autonómica (VPA); trátanse de vivendas unifamiliares de distinta tipoloxía (de planta única ou tríplex) con superficies que van desde os 76 aos 112,50 metros cadrados. Todas teñen dous dormitorios, salvo a de menor tamaño – situada na primeira planta- que só ten un. Forman parte dun edificio construído sobre os solares que ocupaban tres vivendas independentes e que foron agrupadas nunha única parcela de 184,5 metros cadrados para lograr unha maior racionalidade na rehabilitación. O bloque resultante, que conta tamén cun local comercial, ten acceso tanto desde a Praza do Berbés como desde a rúa San Francisco. A superficie total rehabilitada é de 795 metros cadrados, distribuídos en seis niveles. O edificio conta con ascensor e unha zona de rochos para cada unha das vivendas, aparte de zonas comúns de acceso e servizos. O investimento realizado polo CCVV, organismo integrado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e en 10 por cento polo Concello de Vigo, para esta rehabilitación, a maior acometida na zona do Berbés desde a súa creación en 2005, foi de 944.532,79 €.