Admirose un portugués… do Vigo de 1905 (I)

Hai veces en que se pode investir a orde do dicho e mil palabras -máis ou menos- poden chegar a valer máis, ou polo menos a igualar, a unha imaxe. Podería ser o caso da descrición que do Vigo de 1905 fai o médico e viaxeiro portugués Fialho de Almeida, que fai un pormenorizado e moi vivido relato da súa estancia na cidade. Inmune tal vez pola súa condición de estranxeiro á necesidade de encomiar o propio -ou de denigrarlo, que é costume moi español- as súas descricións parecen exactas e comedidas, cinguidas ao que ve, polo que resultan un documento impagable para establecer unha foto sentimental do que podía ser a cidade naqueles primeiros anos do século XX.

 

O desaparecido mercado da Laxe, que tanto agradou ao médico portugués.

Cinguirémonos nesta páxina ao que máis nos interesa, as súas impresións sobre as zonas do Casco Vello, que son xa as máis “populares”, no sentido de aloxar ás clases menos favorecidas económicamente, xa que o desenvolvemento da cidade converteu xa ao Casco Vello en “unha pequena aldea gala” que resiste como pode o asedio do gran desenvolvemento que experimenta Vigo.

 

Griterío

A súa primeira mención comeza ao falar da Colexiata desde a que logo descende ata o mercado da Laxe. Estas son as súas palabras literais: “Por fóra a igrexa ten dúas torres altas españolas, de dous ou tres pisos, como as do mosteiro de Oya; ten un frontón encostado sobre a fría fachada. Ten un aire de Herrera, como a catedral de Valladolid e San Martín de Compostela. É grande e sólida como un baluarte, á española, está nun sitio alto dominando a cidade, no medio do Vigo antigo. Este ten rúas enlosadas como nos pobos vellos de Galicia, estreitas, tortuosas, pintorescas, de casuchas pequenas e moi animadas de tendas e veciños. Da Iglesia, polas quellas empinadas, descendo ata o mercado de abastos, no peirao; hai unha verdadeira feira de barracas e carretas e exhibicións de sombrereiros e artigos de vestir, medias, lenzos, ábums de marcar roupa (sic), cintas que venden as mulleres, e onde as criadas detense coas cestas. No percorrido hai tamén algúns pordioseros, vi un cun cancro no nariz todo sanguento e furado. Aos poucos fun descendendo ao aire libre, baixando polas quellas, chegando ao mercado. Este é moi bo, rico, á española, de gusto e suntuosidad: ten dúas portas adornadas nos extremos , e dous pisos. No superior, accesible polas rúas altas, véndense en mesas froitas e comestibles; no de abaixo está o mercado de peixe, onde as mulleres producen un balbordo de mil diaños. É de cantería e ferro: de cantería no piso inferior; de ferro e vidro no superior. Moi elegante, vasto, provisto e aseado. Xa fóra, na rúa adxacente ao mercado, esténdese un novo mercado ao aire libre de froitas e hortalizas, ben na rampla anexa ao mercado de peixe, ben diseminadas, tamén as pescantinas venden pescado na rúa en canastras.

O barullo e a axitación aquí son extraordinarios. Entre as vendedoras bullidoras pasan graves os gardas municipais, de azul e varas, acougándoas. O mercado das quincallas esténdese polas rúas e plazoletas próximas e dura ata as 12 ó únaa da tarde, non ten fin”.

Existen màis pasaxes sobre outras rúas e zonas que recolleremos nunha segunda entrega deste artigo.

 

 

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter