A aposta de Abella Producións pola xestión cultural desde el Casco Vello

A xestión integral de eventos culturais é a actividade na que se centra Abella Producións, a empresa que xa ocupa o local comercial situado na rúa Abeleira Menéndez 16, recentemente adxudicado no Concurso de Alugueiros promovido polo Consorcio Casco Vello de Vigo.

Porque como sinala Juan de Castro fundador e imaxe máis visible da empresa, este tipo de actividades non xorden por xeración espontánea, senón que requiren un longo proceso de deseño, contratación, promoción e producción -sen esquecer a procura de financiamento- que Abella Producións, grazas aos contactos públicos e privados que foi xerando aos longo dos sete anos transcorridos desde a súa fundación, pode abordar dunha forma integral.

 

Con esta formulación de traballo a pegada da empresa deixouse notar xa en múltiples actividades musicais, literarias ou de calquera outra rama artística desenvolvidas en numerosos puntos de Galicia. En calquera caso a organización de festivais e actividades relacionadas co cinema é a que, talvez, dá unha maior visibilidade á empresa, colaboradora ou responsable de actividades como o Festival Primavera do Cinema, o Galicia Freaky Film Festival, as mostras de cinema cubano ou do novo cinema brasileiro desenvolvidas en Vigo ou o Festival Internacional de Cinema Infantil de Ames.

Adecuación

16

Fachada do local ocupado por Abella Producións en Abeleira Menéndez, 16

Dalgunha maneira o cinema marca tamén a vinculación actual desta empresa co Casco Vello, xa que foi a organizadora de varias das proxeccións que nos últimos anos tiveron lugar na popular Praza do Abanico, non lonxe de onde agora situou o seu centro de operacións. O coñecemento da zona e a adecuación dalgún dos locais ofertados no concurso de alugueiros promovido polo CCVV ás necesidades do equipo supuxeron o impulso definitivo para optar a un destes locais, coa circunstancia engadida no seu caso de resultar adxudicatarios do que marcaran como primeira opción. Tamaño adecuado, a posibilidade de ocupación inmediata xa que o local apenas necesitou algúns retoques e aspectos máis estéticos como a existencia dun pequeno xardín interior -que favorece a entrada de luz- son algúns dos elementos que Juan de Castro destaca da súa nova sede. Aínda en plena fase de acondicionamento esperan poder convertela nunhas poucas semanas nun punto de encontro e reunión para todos os promotores e axentes vinculadas á difusión cultural en Galicia.

 

 

 

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter