Visita para dar a coñecer os seis locais que o CCVV oferta en alugueiro en adxudicación directa

Vigo, 2 de novembro do 2022.- O Consorcio Casco Vello de Vigo organizou unha xornada de portas abertas para dar a coñecer a todos aqueles interesados no alugueiro, mediante proceso de adxudicación directa, dos seis locais dos que dispón en varios puntos da zona histórica da cidade.

Ubicación do punto de encontro.

Esta iniciativa  levaráse a cabo o vindeiro martes, día 8 de novembro, a partir das 9.30 da mañá. Todos aqueles particulares ou representantes de empresas ou entidades que desexen participar na visita concentraranse na praza do Abanico (Subida a Costa) desde onde, acompañados por técnicos do Consorcio, comezará o percorrido para coñecer in situ as características dos seis locais. 

Os mesmos forman parte do proceso de adxudicación de vinte establecementos iniciado o pasado mes de xuño polo CCVV. Quince deles foron asignados -aínda que se produciu unha renuncia posterior á adxudicación- nunha primeira fase na modalidade de concurso. Finalizada esta, de acordo con o prego de condicións que regula esta iniciativa, os restantes pasan agora á fase de adxudicación directa na que será a orde de presentación de solicitudes que se axusten aos requisitos o que determine a atribución de cada un dos locais.

 

LOCAIS OFERTADOS

 

  • LOCAL 3. Abeleira Menéndez 18. Superficie útil 55,18 m2. Renda mensual 137,95 €.
  • LOCAL 7. Cruz Verde 12. Superficie útil 44,65 m2. Renda mensual 111,63 €.
  • LOCAL 8. Ferrería 05 – local 1. Superficie útil 29,89. Renda mensual 74,73 €
  • LOCAL 9. Ferrería 05 – local 3. Superficie útil 47,69m2. Renda mensual 119,23 €.
  • LOCAL 10. Ferrería 11. Superficie útil 98,80 m2. Renda mensual 247,00 €.
  • LOCAL 12. Real 25. Superficie útil 72,17 m2. Renda mensual 180,43 €.

Facebook