Toma parte na Reconquista 2017¡

A denominada “Reconquistiña”, que non é senón a toma musical do Casco Vello por grupos de escolares de distintos centros educativos da cidade, caracterizados con vestimentas propias dos tipos populares de principios do século XIX ou de soldados napoléonicos, abriu onte os actos conmemorativos da xesta viguesa da Reconquista polos veciños da súa cidade en marzo de 1809.

Desde fai xa un par de décadas esta celebración converteuse nun dos pratos fortes das actividades festivas da cidade, que culmina nunha multitudinaria representación da toma da porta da Gamboa que terá lugar o domingo 2 de abril, a partir das 18.00 horas.

Cartel oficial da edición deste ano.

Pero mentres chega este momento culminante, durante todo o fin de semana o Casco Vello convértese nun gran escenario no que se rememora o ambiente que se podía vivir no interior das murallas que por aquela época rodeaban boa parte da “vila” de Vigo.

Para que non te perdas ningunha da actividades programadas con este motivo reproducimos a continuación a listaxe das mesmas, suxeito iso si ás posibles modificacións que impoña a meteoroloxía, aínda que parece que na edición de 2017 esta vai ser favorable. Pasen ao Casco Vello e gocen da festa¡

 

 Sábado 1 de abril

10:00: Apertura del mercado

11:00: Serán Infantil en Praza da Pedra

18:00: Regueifas, en Torreiro do Casco Vello

18:15: Inauguración de la Festa en el Torreiro do Casco Vello

23:00: Cierre del mercado

Torreiro Casco Vello

11:30: Escola de Baile Casco Vello

12:30: Ata o mandil

16:00: Aula Acordeón

17:30: Grupo de baile infantil del Casco Vello

21:00: Pandereteiras do Faneco

Espazo Infantil

17:00: Os contos do Bardo Abelardo

18:30: Cé Orquesta Fantasma

Torreiro de Mahou

18:30: Lembranzas da Ría

19:45: Chorouvía

21:00: Virapé e Monteira

22:00: Cuncheiros

Domingo 2 de abril

10:00: Apertura del mercado

11:00: Demostración de oficios artesanais Praza do Berbés

11:30: Animación Infantil no Berbés

12:00: Demostración de esgrima antigua (en O Berbés)

12:30: Concierto da Banda da ETRAD (en Praza da Constitución)

18:00: Representación da Reconquista da Vila de Vigo

22:00: Cierre del mercado: Fin de fiesta

Torreiro Casco Vello

11:00: Pandereteiras de Candeán

12:00: Escola de Baile Casco Vello

15:00: Escola de gaitas do Casco Vello

17:30: Pandereteiras da Travesía

20:00: Foliada popular

Espazo infantil

12:00: Os fíos do querer

Torreiro de Mahou

12:00: Laretas

13:00: Os Porcoteixos

20:30: Murga de Traspés

Facebook