Relación nominal dos membros do Xurado do Concurso Internacional de Ideas da conexión Berbés-praza do Rei

Co fin de darlle cumprimento ao disposto na cláusula 9 do Prego de Cláusulas Administrativas que rexen o concurxo internacional de ideas para a selección de anteproxecto e contratación da redacción do proxecto básico de conexión transversal Berbés-praza do Rei e reordenamento do ámbito do castelo de San Sebastián, faise pública a relación nominal de membros do xurado.

Presidenta

Excelentísima Señora Conselleira de de Vivenda e Solo, dona Teresa Táboas Veleiro.

Vogais

O Presidente do Consorcio Casco Vello de Vigo, don Santiago Xosé Domínguez Olveira.

O Xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo, don Alfonso Ramos Covelo.

O presidente do COAG Delegación de Vigo, don Salvador Fraga Rivas.

A arquitecta do Consorcio Casco Vello de Vigo, dona Nuria Campos Díaz.

Unha representante arquitecta da Consellería de Vivenda e Solo, dona Eva Reza Paz.

Un arquitecto de recoñecido prestixio designado de común acordo entre o consorcio e o COAG, Manuel de las Casas Gómez.

A Secretaria do Consorcio Casco Vello de Vigo, dona Marta Riobó Ibáñez.

O Interventor delegado do Consorcio Casco Vello de Vigo, Luís García Álvarez.

Secretaria

Unha técnica do Consorcio Casco Vello de Vigo, dona Amelia Gamero Vidal.

Facebook