Publicado a listaxe provisional de admitidos no sorteo de San Francisco, 15

Vigo, 3 de agosto do 2021.- O instituto Galego de Vivenda e Solo publicou onte a listaxe provisional de admitidos e excluídos entre as 54 candidaturas presentadas para participar no sorteo de adxudicación das dúas vivendas de promoción pública impulsadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo na rúa San Francisco, 15. A partir da data de publicación ábrese un prazo de sete días hábiles para presentar as alegacións que consideren oportunas aqueles candidatos cuxa documentación non fose admitida, oito do total de 54 aspirantes que optaron a participar neste proceso.

San Francisco, 15 é unha das tres promociones impulsadas recentemente polo CCVV nesta zona do Casco Vello. Como resultado da esta intervención poñeranse ao dispor de dúas novas familias senllos piso, tipò dúplex, con accesos independentes.

Facebook