Publicadas as listas para optar as vivendas da promoción Berbés, 29

 

Vigo, 25 de outubro do 2021.-   O Instituto Galego de Vivenda e Solo fixo públicas hoxe as listas definitivas de admitidos para o sorteo das vivendas referenciadas como 1, 2 e 3 (Expediente: P09-VC-0004/20) da promoción Berbés, 29 impulsada polo Consorcio Casco Vello de Vigo. En total foron admitidas 44 candidaturas, quedando excluídas por diversos motivos outras 10. A data de adxudicación destas vivendas, cualificadas como de Protección Oficial de Promoción Privada, notificarase próximamente.

Por outra banda, o IGVS fixo pública tamén a relación de admitidos provisionais para optar á adxudicación da cuarta vivenda (Expediente: P09-VC-0004/20) incluída nesta promoción de Berbés, 29 que por un trámite administrativo ha tido que quedar fora do primeiro sorteo. En total optaron a esta cuarta vivenda un total de 56 candidaturas, das que foron admitidas provisionalmente 50 estando as outras seis pendentes da resolución de distintos requisitos para a súa inclusión ou non na listaxe final.

Facebook