Publicadas as listas definitivas de admitidos para as promocións Berbés, 41 e Abeleira Menéndez, 16.

Alzado da vivenda recuperada en Abeleira Menéndez, 16.

Vigo, 27 de abril do 2021.- Os sorteos que establecerán a orde de selección das tres vivendas incluídas nas promocións Berbés,41 e Abeleira Menéndez, 16 desenvolverase o proxímo día 5 de maio segundo a resolución publicada esta mañá polo Instituto Galego de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia. Debido á situación de pandemia o sorteo, que se desenvolverá a partir das dez da mañá no salón de actos do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo, desenvolverase a porta pechada-  Esta mesma resolución recolle, así mesmo, a listaxe definitiva das candidaturas admitidas en ambos os sorteos unha vez examinadas as reclamacións daqueles candidatos que quedaran excluídos inicialmente. Estas listaxes poden ser vistas nas seguintes ligazons:  Berbés, 41   Abeleira Menéndez, 16.

As tres vivendas incluídas no úndecimo primeiro sorteo de rehabilitacións realizadas polo CCVV están distribuídas nas promocións Berbés, 41 –dúas vivendas, de 70 e 80 metros cadrados útiles respectivamente- e Abeleira Menéndez, 16 cunha vivenda de 101,63 metros útiles distribuídos en dúas plantas. Este último edificio aloxa así mesmo un local comercial . Todas contan con dous dormitorios, de acordo coa tipoloxía de vivenda máis demandada polos novos residentes da zona. É de destacar, así mesmo, a importancia de ambas as recuperacións por tratarse, no caso do edificio situado na praza do Berbés, dunha das vivendas de tipoloxía mariñeira características deste barrio mellor conservadas e, no caso de Abeleira Menéndez, por ser un edifico de especial importancia urbanística, segundo recóllese na súa ficha do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (PEPRI) Casco Vello de Vigo.

Os prezos das vivendas que se sortearán na data citada anteriormente oscilan entre os 122.000 € da menor das construcións en Berbés, 41 e os 157.000 da situada en Abeleira Menendez, 16.

Facebook