O vindeiro 30 de maio remata o prazo para participar no novo sorteo de 8 VPA rehabilitadas polo Consorcio

 exterior San Sebastián 24-26

  • Os interesados en adquirir un destes pisos de protección deben de estar inscritos previamente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta no réxime de vivenda de prezo concertado e na casiña de compra, e, ademais, teñen que solicitar a súa participación no sorteo.
  • Trátase da sexta fase de Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo desde que comezou a súa oferta en 2011 e que serán sorteadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).
  • As 8 VPA están emprazadas en San Sebastián 24-26 (4 vivendas) e Ferrería 3-5-7 (4 pisos) e contan con 1 e 3 dormitorios.
  • Os prezos das 8 vivendas oscilan entre os 80.000 e os 126.000 euros.

Vigo, 20 de maio de 2015- O vindeiro 30 de maio rematará o prazo para participar no sorteo que realizará o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) de outras 8 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e emprazadas nas promocións de San Sebastián 24-26 e Ferrería 3-5-7.

Os interesados en poder adquirir un destes 8 novos pisos de protección deben estar  inscritos previamente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta no réxime de vivenda de prezo concertado na casiña de compra e, a maiores, teñen que solicitar a súa participación neste sexto sorteo. O modelo para facelo pódese atopar neste enlace:

http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes

As 8 VPA que serán sorteadas contan con 1 e 3 dormitorios e unhas superficies útiles que oscilan entre 53,84 metros cadrados e 97,59 m2. No caso dos 4 locais comerciais que tamén foron rehabilitados na parte baixa dos inmobles, as superficies útiles están entre 17,87 m2 e 61,96 m2.

O prezo destas novas 8 vivendas van desde 80.388,00 euros (sen IVE), a máis barata, mentres que a máis cara é de 126.701,00 euros (sen IVE).

Estas dúas promocións forman parte da sexta fase de posta no mercado de máis vivendas por parte do CCVV. O organismo, a través do IGVS, xa sorteou un total de 74 VPA nas diferentes fases desenvolvidas desde o inicio do proceso comezado no ano 2011. Grazas aos mesmos, son 62 as novas familias que xa residen no barrio histórico.

A día de hoxe, o organismo ten aberto o proceso de adxudicación da quinta fase, a correspondente a outras 10 VPA do cuarteirón Castelo San Sebastián: San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7. Nestes momentos os adxudicatarios das mesmas atópanse no momento de concesión de hipotecas para logo poder formalizar a compravenda e a entrega de chaves.

Ademais deste novo sorteo, o CCVV aínda ten dispoñibles outros 2 pisos que se poden adxudicar de forma directa. Os interesados teñen que estar inscritos tamén no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.

interior Ferrería 3-5-7Características das 8 VPA que formarán parte do sexto sorteo:

  • San Sebastián 24-26 (4 VPA):

1 vivenda A (planta baixa): 1 dormitorio. Superficie útil: 61,96 m2.

Prezo: 89.842,00 euros (sen IVE incluído).

1 vivenda B (planta primeira e segunda): 1 dormitorio. Superficie útil: 72,65 m2.

Prezo: 105.342,50 euros (sen IVE incluído)..

1 vivenda C (planta primeira): 1 dormitorio. Superficie útil: 57,86 m2.

Prezo:  83.897,00 euros (sen IVE incluído)..

1 vivenda D (planta segunda): 1 dormitorio. Superficie útil: 60,41 m2.

Prezo: 87.594,50 euros (sen IVE incluído).

  • Ferrería 3-5-7 (4 VPA):

1 vivenda 1º A (planta primeira): 1 dormitorio. Superficie útil: 55,88 m2.

Prezo: 81.026,00 euros (sen IVE incluído).

1 vivenda 1º B (planta primeira): 1 dormitorio. Superficie útil: 57,34 m2.

Prezo: 83.143,00 euros (sen IVE incluído).

1 vivenda 2º A (planta segunda): 1 dormitorio. Superficie útil: 55,44 m2.

Prezo: 80.388,00 euros (sen IVE incluído).

1 vivenda 2º B (planta segunda): 3 dormitorios. Superficie útil: 87,38 m2.

Prezo: 126.701,00 euros (sen IVE incluído). 

Balance actual de actividade O CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- adquiriu un total de 70 inmobles, dos cales 40 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 91 vivendas -74 para venda, 12 para aluguer e 5 para realoxos- e 23 locais comerciais -16 xa teñen actividade empresarial, 2 abrirán proximamente, outros 4 sairán a concurso e os outros 2 son os relativos á sede de APEC e ao novo Servizo de Notificacións e Embargos que abrirá nas vindeiras datas-.

10 inmobles foron transmitidos a outras institucións, incluíndo aquí, entre outros, os últimos 3 edificios da Ribeira do Berbés (números 11-13-15) onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas, así coma os 4 inmobles adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26), desde onde xa operan.

Así mesmo, xa foron licitadas as obras de rehabilitación doutros 4 edificios emprazados na rúa Ferrería, concretamente, nos números 10-12 e 45-47 dos que, logo da intervención prevista, se porán no mercado outras 6 VPA e 2 locais comerciais.

 

Facebook