O PAIF 2023 non foi aprobado na última reunión do Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo

Vigo, 9 de setembro de 2022.- O Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo, presidido por Marta María Fernández-Tapias Núñez, celebrou onte unha reunión ao obxecto de estudar o seu Plan de Actuación, Investimento e Financiamento (PAIF) para o exercicio 2023. O documento, que contemplaba un investimento lixeiramente superior aos dous millóns de euros, finalmente non foi aprobado ao ser votado negativamente por parte dos representantes do Concello de Vigo neste organismo.

Por outra banda, na mesma reunión aprobouse a Conta Xeral correspondente ao exercicio 2021, debidamente fiscalizada e aprobada polos órganos de control contables das administracións supervisoras.

Facebook