O IGVS publicou hoxe as listas de admitidos para o sorteo de 15 viviendas rehabilitadas polo CCVV

  •  As vivendas están emprazadas nas rúas Abelaira Menéndez e Cruz Verde
  • As listas pódense consultar na web do IGVS
  • Os interesados dispoñen de sete días hábiles, a contar dende mañá, para a presentación de reclamacións. 

Vigo, 5 de xullo de 2011.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo publicou hoxe na súa web a lista de admitidos aos sorteos de 15 vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo (CCVV). Tamén se publica a lista de excluídos de ditos sorteos e as razóns da exclusión.

As lista poderanse consultar na web do IGVS: http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes), abríndose un prazo de sete días hábiles, a contar dende mañá, para a presentación de reclamacións por parte das persoas interesadas no procedemento.

As listas de admitidos publicadas corresponden ás catro vivendas rehabilitadas na rúa Abelaira Menéndez 18-20, cinco vivendas rehabilitadas nos números 24-26 da mesma rúa e seis vivendas rehabilitadas na rúa Cruz Verde, 5.

Unha vez resoltas as reclamacións que se poidan presentar elaborarase a lista definitiva de admitidos, previa ao sorteo das vivendas.

Facebook