O IGVS publica a lista provisional de admitidos e excluidos no procedemento para adxudicación de 19 vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello

  • As listas pódense consultar na web do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) e na do Consorcio Casco Vello de Vigo.
  • Os interesados dispoñen dun prazo de sete días, ata o vindeiro 15 de febreiro inclusive, para a presentación de reclamacións.

Vigo, 7 de febreiro de 2011.- A Comisión Provincial de Vivenda aprobou as listas provisionais de admitidos e excluídos no procedemento de adxudicación de 19 vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo, organismo participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo.

Os interesados dispoñen agora de sete días hábiles, ata o vindeiro 15 de febreiro inclusive, para a presentación das reclamacións que consideran oportunas e, unha vez resoltas, no prazo máximo de 10 días, se aprobarán as listas definitivas, que serán debidamente publicadas. Posteriormente realizarase o sorteo entre todos aqueles que figuran na lista definitiva e, unha vez confeccionada, procederase á publicación da relación de adxudicatarios e dos que quedan en reserva.

As listas pódense consultar a través da web do IGVS ou da do Consorcio Casco Vello de Vigo: http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes

En total, o IGVS recibiu máis de 300 solicitudes de persoas interesadas en participar no sorteo das primeiras 5 promocións que o organismo presidido pola delegada da Xunta en Vigo, Lucía Molares, sacará á venda en réxime de protección autonómica.

As vivendas adxudicaranse a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia e optaron ás mesmas os inscritos no Concello de Vigo no réxime de vivenda concertada. Tódalas vivendas se adxudicarán en réxime de compravenda.

As primeiras 19 vivendas que saen á venda

Trátase de 19 vivendas, 13 delas dun dormitorio, que van dende 46,76 m2 útiles ata os 66,10 m2; e outras 6 de dous dormitorios, dende os 59,90 m2 ata os 78,39 m2. A vivenda máis barata ronda os 83.000 euros e a máis cara, os 139.000 euros.

A forma de pago será: un 20% de prezo da venda mais IVE á sinatura do contrato. O 80% restante, no momento do outorgamento da escritura pública e entrega de chaves.

As vivendas a adxudicar son as seguintes:

  1. Rúa Santiago, 19-1º: 1 vivenda (1º A) de 66,10 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+ 1 baño. Prezo: 117.242,89 euros
  1. Rúa Abeleira Menéndez 11: 1 vivenda (1ºA), de 59,90 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 106.245,83 euros
  1. Rúa Santiago 11-13-15-17: 8 vivendas:

1 vivenda (1ºA) de 49,52 m2 con 1 dormitorio+salón comedor+cocina+1 baño+ 5,39 metros cadrados calificados do rocho+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 93.570,82€

1 vivenda (1ºB) de 44,36 m2 con 1 dormitorio+salón comedor+cocina+1 baño+1 rocho de 6,63 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 85.738,08€

1 vivenda (1ºC) de 61,19 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+1 rocho de 5,77 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo:114.674,55€

1 vivenda (2º A) de 49,52 m2 con 1 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+1 rocho de 5,03 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 93.187,70€

1 vivenda (2ºB) de 44,36 m2 con 1 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+1 rocho de 5,14 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 84.152,37€

1 vivenda (2ºC) de 61,19 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+1 rocho de 11,66 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 117.047,79€

1 vivenda dúplex (3ºA) de 74,13 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+2 baños+1 rocho de 3,75 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 135.654,11€

1 vivenda dúplex (3ºB) de 72,05 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+2 baños+1 rocho de 3,67 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 131.702,26€

4. Abeleira Menéndez 13-15. 6 vivendas:

1 vivenda (1ºA) de 52,48 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+1 baño. Prezo: 93.084,83€

1 vivenda (1ºB) de 46,76 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina-1 baño. Prezo: 82.939,15€

1 vivenda (2ºA) de 50,64 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+1 baño. Prezo: 89.821,18€

1 vivenda (2ºB) de 49,64 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina1 baño. Prezo: 88.047,46€

1 vivenda (3ºA) de 50,64 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+1 baño. Prezo: 89.821,18€

1 vivenda (3ºB) de 48,01 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+1 baño. Prezo: 85.156,30€

5. Real 16. Tres vivendas:

1 vivenda (2º esquerda) de 50,64 m2 con 1 dormitorio+salón comedor+cocina. Prezo: 89.921,18€

1 vivenda (2º dereita) de 51,76 m2 con 1 dormitorio+salón     comedor+cocina. Prezo:     91.807,75€

1 vivenda (terceiro) de 78,39 m2 con 2 dormitorios+salón+cocina+2baños. Prezo: 139.041,91€

Facebook