O IGVS publica a lista de admitidos para o sorteo das 10 VPA rehabilitadas polo Consorcio

SOC 5,7_Img 03_LR

  • Sortearanse o próximo 23 de marzo na sede administrativa da Xunta en Vigo
  • O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), participado polo IGVS nun 90 por cento, investiu na rehabilitación máis de 1,2 millóns de euros
  • O Consorcio xa rehabilitou 91 vivendas e 23 locais comerciais no Casco Vello


Santiago, 12 de marzo de 2015
.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo publicou hoxe a lista de interesados admitidos e excluídos no sorteo de dez vivendas protexidas de promoción privada, rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), participado nun 90 por cento polo IGVS.

Un total de 20 solicitantes, inscritos no Rexistro de Demandantes e que cumpren os requisitos establecidos pola normativa, entrarán no sorteo das vivendas, que se realizará o 23 de marzo na sede da Xunta en Vigo.

As vivendas para as que se inicia o procedemento de adxudicación son as seguintes:

 

Emprazamento Características das vivendas Prezo devenda €
Subida ao Castelo 5 Planta baixa. 46,24 m2 67.048,00
Subida ao Castelo 5 1ª planta 67,66 98.107,00
Subida ao Castelo 5 2º planta 68,20 109.120,00
Subida ao Castelo 7 Planta baixa 46,24 67.048,00
Subida ao Castelo 7 1ª planta. 67,66 98.107,00
Subida ao Castelo 7 2ª planta 67,70 108.320,00
San Sebastián 4 1ª planta 59,16 85.782,00
San Sebastián 4 2ª planta 59,16 94.656,00
San Sebastián 6 1ª planta 56,13 81.388,50
San Sebastián 6 2ª planta 56,13 89.808,00

A rehabilitación das vivendas está rematada e nelas o Consorcio Casco Vello de Vigo investiu máis de 1,2 millóns de euros.

Balance actual de actividade O CCVV (participado nun 90% pola Xunta de Galicia) adquiriu un total de 70 inmobles, dos cales 40 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 91 vivendas (74 para venda, 12 para aluguer e cinco para realoxos) e 23 locais comerciais (15 xa teñen actividade empresarial, dous abrirán proximamente, outros catro sairán a concurso e os outros dous son os relativos á sede de APEC e ao novo Servizo de Notificacións e Embargos que abrirá nas vindeiras datas).

Dez inmobles foron transmitidos a outras institucións, incluíndo aquí, entre outros, os últimos tres edificios da Ribeira do Berbés (números 11-13-15) onde a Universidade de Vigo construirá o seu Centro de Linguas, así coma os catro inmobles adquiridos polo Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España (Real, 29-31-33 e Alta, 26), desde onde xa operan.

Así mesmo, xa foron licitadas as obras de rehabilitación doutros catro edificios emprazados na rúa Ferrería, concretamente, nos números 10-12 e 45-47 dos que, logo da intervención prevista, se porán no mercado outras seis vivendas de protección autonómica (VPA) e dous locais comerciais.

Facebook