O IGVS procederá á adxudicación de Ferrería 8 e Cruz Verde 8 o 27 de marzo

Interior Ferrería 8.

Vigo, 22 de marzo de 2019.- O Instituto Galego de Vivenda e Solo procederá o vindeiro mércores, 27 de marzo, ao sorteo das dúas promocións do Consorcio Casco Vello de Vigo nas rúas Ferrería 8 e Cruz Verde 8 do histórico barrio vigués.

 A data, lugar –no salón de actos do Edificio Administrativo de la Xunta de Galicia en Vigo- e hora -9 da mañá- aparecen publicadas en senllas resolucións administrativas nas que se establece a listaxe definitiva das solicitudes admitidas – 40 no caso de Ferrería 8 e 41 no caso de Cruz Verde 8– e excluidas para ambas as promocións e que poden consultarse nas seguintes ligazóns: Ferrería 8       Cruz Verde 8.

 En total case un centenar de persoas optan a adquirir cada unha das dúas vivendas que o CCVV, organismo integrado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun díez por cento polo Concello de Vigo, pon a disposición daquelas persoas interesadas e que cumpren os requisitos para optar a este tipo de vivendas de Protección Autonómica.

Unha das habitacións de Cruz Verde 8.

Como é preceptivo nestas actuacións o sorteo será realizado ante notario e permitirá establecer a orde no que os solicitantes admitidos poderán optar a cada unha das dúas vivendas.

Facebook