O IGVS inicia o procedemento de selección de adxudicatarios para outras 18 novas Vivendas de Protección Autonómica

  • A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, anunciou hoxe a publicación de dita resolución e lembrou que os interesados  teñen de prazo ata o 15 de maio para inscribirse no sorteo.

Vigo, 26 de abril de 2012-. A delegada territorial da Xunta en Vigo e presidenta do CCVV, María José Bravo Bosch, informou hoxe que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), publicou a resolución pola que se inicia o procedemento de adxudicación de 18 novas vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo CCVV.

Ditos pisos se atopan nas rúas San Sebastián, Ferraría e Hortas, todos elos na parte alta do barrio antigo. Teñen entre 1 e 3 dormitorios e uns prezos que oscilan entre os 77.139,08 euros e os 193.158,11 euros. É a primeira vez que o CCVV pon no mercado vivendas de 3 habitacións.

Os interesados en adquirir algunha destas vivendas deben estar inscritos previamente no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia, no réxime de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado no apartado de compra. A partires de agora, as persoas interesadas teñen que presentar a solicitude concreta para poder participar no sorteo dalgunha destas tres promocións mediante escrito dirixido ao rexistro e cuxo modelo xa poden atopar na páxina web do IGVS, na do Consorcio Casco Vello de Vigo ou na Delegación Territorial da Xunta.

Teñen un prazo de 15 días hábiles, é dicir, ata o 15 de maio, para poder inscribirse en dito sorteo.

As 18 vivendas correspondentes a esta nova fase de adxudicación que pon en marcha o CCVV están nestes momentos en plena execución das súas obras e estímase que estean rematadas coma moi tarde, durante o período estival. Son as seguintes:

-Ferraría 11-13-15-San Sebastián 1- 3-5-7:

9 vivendas: 4 dun dormitorio, 3 de 2 dormitorios e 2 de 3 dormitorios. As superficies van dende os 56,60 m2 e 108,90 m2 e os prezos oscilan entre os 100.392,55 euros e os 193.158,11 euros.

-Hortas 10-12:

5 vivendas: 3 de 2 dormitorios e 2 dun dormitorio. As superficies van dende os 66,67 m2 e 107,89 m2 e os prezos oscilan entre os 118.253,91 euros e os 191.366,65 euros.

-San Sebastián  8-12-14:

4 vivendas: 2 dun dormitorio+rocho e 2 de 2 dormitorios+rocho. As superficies van dende os 43,49 m2 e os 75,52 m2 e os prezos oscilan entre os  77.139,08 euros e os 133.951,33 euros.

Bravo Bosch plantexou esta mañá aos membros do Consello de Administración do CCVV a posibilidade de realizar un convenio de colaboración con algunha entidade financeira para facilitar o acceso dos xóvenes á compravenda dos inmobles rehabilitados polo organismo.

Facebook