O IGVS comeza o procedemento para adxudicación de 15 viviendas rehabilitadas polo CCVV

  •  Poderán solicitalas os inscritos á data de hoxe no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda, así coma os que tiveran presentada a súa solicitude de inscrición.
  • Os interesados deberán solicitar a súa inscrición no sorteo, para o que dispoñen dun prazo de quince días hábiles.

 Vigo, 30 de maio de 2011.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de 15 vivendas de protección autonómica (réxime concertado) rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), en cuxo capital o IGVS é socio maioritario (90 por cento).

 As vivendas adxudicaranse a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda e poderán optar ás mesmas os inscritos a día de hoxe en dito rexistro en Vigo ou os que xa presentaran solicitude de inscrición, no réxime de vivenda concertada. Tódalas vivendas se adxudicarán en réxime de compravenda, estando rematadas as obras de rehabilitación das mesmas.

 Os interesados, xa inscritos no Rexistro de Demandantes, deberán solicitar a inscrición no sorteo mediante escrito dirixido a dito Rexistro e cuxo modelo poden atopar na páxina web do IGVS ou na delegación territorial deste organismo. O prazo para solicitar dita inscrición é de 15 días hábiles a contar a partir de mañá.

 As vivendas a adxudicar son as seguintes:

Localización Tipoloxía Prezo (euros)
Rúa Abeleira Menéndez, 24-26 5 vivendas de 42,61 a 68,80 m2 De 75.578,21 a 122.031,94
Rúa Abeleira Menéndez, 18-20 4 vivendas de 40,19 a 83,04 m2 De 71.285,81 a 147.289,71
Rúa Cruz Verde 5 6 vivendas de 48,40 a 65,56 m2 De 85.848,05 a 116.285,08€

Facebook