O IGVS comeza o procedemento para a adxudicación de 19 vivendas rehabilitadas no Casco Vello de Vigo

  • Poderán solicitalas os inscritos ou os que teñan solicitude de inscrición á data de hoxe no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda.
  • Os interesados deberán solicitar a súa inscrición no sorteo, dispoñen dun prazo de quince días hábiles.

Vigo, 29 de decembro de 2010.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de 19 vivendas de protección autonómica (réxime concertado) rehabilitadas polo Consorcio do Casco Vello de Vigo, en cuxo capital o IGVS é socio maioritario.

A delegada da Xunta de Galicia en Vigo, e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, acompañada polo xerente do CCVV, Alfonso Ramos, e polo Xefe de Área Provincial do IGVS, Andrés Iglesias, presentou os pasos que todos os interesados deben realizar neste proceso de adxudicación de vivendas. Unha data que a Delegada da Xunta considerou “histórica, porque tras 5 anos de vida do Consorcio comézase a ver que as primeiras vivendas rehabilitadas do Casco Vello poderán ser ocupadas por estas primeiras 19 familias. É moi importante empezar a dinamización deste barrio”.

As vivendas adxudicaranse a través do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda e poderán optar ás mesmas os inscritos a día de hoxe en dito rexistro en Vigo ou que xa presentaran solicitude de inscrición, no réxime de vivenda concertada. Tódalas vivendas se adxudicarán en réxime de compravenda, estando rematadas as obras de rehabilitación das mesmas.

Os interesados, xa inscritos no Rexistro de Demandantes, deberán solicitar a inscrición no sorteo mediante escrito dirixido a dito rexistro e cuxo modelo poden atopar na páxina web do IGVS) ou na Delegación Territorial da Xunta en Vigo. O prazo para solicitar dita inscrición é de 15 días hábiles a contar a partir de hoxe, finalizando o vindeiro 18 de xaneiro.

No prazo de 15 días hábiles dende o remate do prazo de petición de inclusión no sorteo, se procederá a publicación da lista de admitidos. Concederase un prazo de sete días hábiles para a presentación das reclamacións e, unha vez resoltas, no prazo máximo de 10 días, aprobaranse as listas definitivas, que serán debidamente publicadas.

Posteriormente realizarase o sorteo entre todos aqueles que figuran na lista definitiva e unha vez confeccionada a lista, procederase á publicación da relación de adxudicatarios e dos que quedan en reserva. “O longo do mes de febreiro, podermos ter o nome das 19 familias na lista definitiva”, asegurou Lucía Molares.

En total son 19 vivendas, 13 delas dun dormitorio, que van dende 46,76 m2 útiles ata os 66,10 m2. E outras 6 de dous dormitorios, dende os 59,90 m2 ata os 78,39 m2. A vivenda máis barata ronda os 83.000 euros e a máis cara, os 139.000 euros.

A forma de pago será: un 20% de prezo da venda mais IVE á sinatura do contrato. O 80% restante, no momento do outorgamento da escritura pública e entrega de chaves. As vivendas a adxudicar dividense en 5 promocións, que son as seguintes:

  1. Rúa Santiago, 19-1º:
    • 1 vivenda (1º A) de 66,10 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+ 1 baño. Prezo: 117.242,89 euros
  2. Rúa Abeleira Menéndez 11:
    • 1 vivenda (1ºA), de 59,90 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 106.245,83 euros
  3. Rúa Santiago 11-13-15-17: 8 vivendas:
    • 1 vivenda (1ºA) de 49,52 m2 con 1 dormitorio+salón comedor+cocina+1 baño+ 5,39 metros cadrados calificados do rocho+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 93.570,82€
    • 1 vivenda (1ºB) de 44,36 m2 con 1 dormitorio+salón comedor+cocina+1 baño+1 rocho de 6,63 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 85.738,08€
    • 1 vivenda (1ºC) de 61,19 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+1 rocho de 5,77 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 114.674,55€
    • 1 vivenda (2º A) de 49,52 m2 con 1 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+1 rocho de 5,03 m2+lavadeiro-tendeiro.Prezo: 93.187,70€
    • 1 vivenda (2ºB) de 44,36 m2 con 1 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+1 rocho de 5,14 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 84.152,37€
    • 1 vivenda (2ºC) de 61,19 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+1 rocho de 11,66 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 117.047,79€
    • 1 vivenda dúplex (3ºA) de 74,13 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+2 baños+1 rocho de 3,75 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 135.654,11€
    • 1 vivenda dúplex (3ºB) de 72,05 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+2 baños+1 rocho de 3,67 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 131.702,26€
  4. Abeleira Menéndez 13-15. 6 vivendas:
    • 1 vivenda (1ºA) de 52,48 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+1 baño. Prezo: 93.084,83€
    • 1 vivenda (1ºB) de 46,76 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina-1 baño. Prezo: 82.939,15€
    • 1 vivenda (2ºA) de 50,64 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+1 baño. Prezo: 89.821,18€
    • 1 vivenda (2ºB) de 49,64 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina1 baño. Prezo: 88.047,46€
    • 1 vivenda (3ºA) de 50,64 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+1 baño. Prezo: 89.821,18€
    • 1 vivenda (3ºB) de 48,01 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+1 baño. Prezo: 85.156,30€
  5. Real 16. Tres vivendas:
    • 1 vivenda (2º esquerda) de 50,64 m2 con 1 dormitorio+salón comedor+cocina. Prezo: 89.921,18€
    • 1 vivenda (2º dereita) de 51,76 m2 con 1 dormitorio+salón comedor+cocina. Prezo: 91.807,75€
    • 1 vivenda (terceiro) de 78,39 m2 con 2 dormitorios+salón+cocina+2baños. Prezo: 139.041,91€

Facebook