O IGVS adxudica a 19 familias as primeiras vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo CCVV

  •  O sorteo público ante notario das cinco promocións celebrouse hoxe no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, ao que asistiron algunhas das persoas que participaban no mesmo 
  • Os adxudicatarios teñen un prazo de 45 días para formalizar as súas hipotecas. A forma de pago será un 20% de prezo máis IVE á sinatura do contrato e o 80% restante, no momento do outorgamento da escritura pública e entrega de chaves
  •  A vivenda máis barata adxudicada ronda os 83.000€ e a máis cara os 139.000€

 Vigo, 03 de febrero de 2011.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, Lucía Molares, presidiu esta mañá o sorteo público ante notario das primeiras 19 vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo organismo, participado nun 90% polo Goberno galego e no 10% restante polo Concello de Vigo.

 Responsables do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) iniciaron o sorteo ás 11.00 horas da mañá ante a presencia dalgunhas das persoas que participaban no mesmo e que estaban inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia. Así, foron adxudicadas as primeiras 19 vivendas de protección autonómica ademais de coñecerse o listado de reserva dos posibles beneficiarios no caso de que os primeiros non formalicen en tempo as correspondentes hipotecas.

 Precisamente, os 19 beneficiarios recibirán agora a comunicación formal coma adxudicatarios e logo terán un prazo de 45 días para formalizar as súas hipotecas. A forma de pago será un 20% de prezo máis IVE á sinatura do contrato e o 80% restante, no momento do outorgamento da escritura pública e entrega de chaves, co que, coma sinalou a presidenta do Consorcio en declaracións aos medios de comunicación, “as persoas adxudicatarias poidan entrar nas vivendas a finais do mes de maio”.

 Molares destacou que “é a primeira vez que se poñen en marcha estas vivendas rehabilitadas” que contaron cunha “demanda considerable” –finalmente optaron preto de 200 persoas ao sorteo- para poder acceder a elas. “É o arranque do rexurdimento do casco histórico”, engadiu a delegada da Xunta, quen recordou o proceso das 11 vivendas de promoción pública (VPP) en aluguer. As persoas interesadas en optar a estas vivendas teñen de prazo ata o 15 de marzo para inscribirse no Rexistro de Demandantes da Xunta, na opción de núcleos rurais e cascos históricos e, concretamente na opción de aluguer.

Con este primeiro sorteo se fará realidade nas vindeiras semanas a chegada dun total de 19 novas familias aos inmobles rehabilitados íntegramente polo CCVV, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e no 10% restante polo Concello de Vigo, na zona histórica da cidade. En concreto serán ocupadas as promocións de Abeleira Menéndez, 11; Abeleira Menéndez 13-15; Santiago, 19; Santiago 11-13-15-17; e Real, 16. A elas, sumaranse as 11 vivendas de aluguer (VPP) e as tres vindeiras promocións de protección autonómica (VPA), en réxime de compravenda a prezo concertado, que sairán nas vindeiras semanas seguindo o mesmo procedemento das 19 que hoxe se sortearon. “Nestes meses incorporaranse ao redor de 50 novas familias ao casco histórico da cidade”, sinalou a presidenta do CCVV.

 Características das 19 vivendas

En total, hoxe adxudicáronse 19 vivendas, 13 delas dun dormitorio, que van dende 46,76 m2 útiles ata os 66,10 m2. E outras 6 de dous dormitorios, dende os 59,90 m2 ata os 78,39 m2. A vivenda máis barata ronda os 83.000 euros e a máis cara, os 139.000 euros.

 As vivendas adxudicadas dividense en 5 promocións, que son as seguintes:

  •  Rúa Santiago, 19-1º:

Unha vivenda (1º A) de 66,10 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+ 1 baño. Prezo: 117.242,89 euros.

  •  Rúa Abeleira Menéndez 11:

Unha vivenda (1ºA), de 59,90 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 106.245,83 euros

  •  Rúa Santiago 11-13-15-17: Oito vivendas.

Unha vivenda (1ºA) de 49,52 m2 con 1 dormitorio+salón comedor+cocina+1 baño+ 5,39 metros cadrados calificados do rocho+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 93.570,82€

Unha vivenda (1ºB) de 44,36 m2 con 1 dormitorio+salón comedor+cocina+1 baño+1 rocho de 6,63 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 85.738,08€

Unha vivenda (1ºC) de 61,19 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+1 rocho de 5,77 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 114.674,55€

Unha vivenda (2º A) de 49,52 m2 con 1 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+1 rocho de 5,03 m2+lavadeiro-tendeiro.Prezo: 93.187,70€

Unha vivenda (2ºB) de 44,36 m2 con 1 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+1 rocho de 5,14 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 84.152,37€

Unha vivenda (2ºC) de 61,19 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+baño+1 rocho de 11,66 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 117.047,79€

Unha vivenda dúplex (3ºA) de 74,13 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+2 baños+1 rocho de 3,75 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 135.654,11€

Unha vivenda dúplex (3ºB) de 72,05 m2 con 2 dormitorios+salón comedor+cocina+2 baños+1 rocho de 3,67 m2+lavadeiro-tendeiro. Prezo: 131.702,26€

  • Rúa Abeleira Menéndez 13-15. Seis vivendas:

Unha vivenda (1ºA) de 52,48 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+1 baño. Prezo: 93.084,83€

Una vivenda (1ºB) de 46,76 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina-1 baño. Prezo: 82.939,15€

Una vivenda (2ºA) de 50,64 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+1 baño. Prezo: 89.821,18€

Una vivenda (2ºB) de 49,64 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina1 baño. Prezo: 88.047,46€

Una vivenda (3ºA) de 50,64 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+1 baño. Prezo: 89.821,18€

Una vivenda (3ºB) de 48,01 m2 con 1 dormitorio+salón comedor-cocina+1 baño. Prezo: 85.156,30€

  • Real 16. Tres vivendas:

Unha vivenda (2º esquerda) de 50,64 m2 con 1 dormitorio+salón comedor+cocina. Prezo: 89.921,18€

Unha vivenda (2º dereita) de 51,76 m2 con 1 dormitorio+salón            comedor+cocina. Prezo: 91.807,75€

Unha vivenda (terceiro) de 78,39 m2 con 2 dormitorios+salón+cocina+2baños.      Prezo: 139.041,91€

 A data de hoxe, o CCVV é propietario de 36 inmobles, dos cales 15 xa están totalmente rehabilitados. Trátase así de 52 vivendas completamente dispoñibles, das cales 35 sairán á venda, 11 en aluguer e 6 destinadas a realoxos. A previsión é que ao longo deste ano 2011 estean totalmente rematadas preto dun centenar de vivendas.

Facebook